PoesíaArchive for the ‘’ Category

posted by O GarcíaOutO García on 13

CIMG4309

 

12 De Outubro de 2014.

MANIFESTO DE REAFIRMACIÓN E DIGNIDADE COA RESISTENCIA INDÍXENA E A AUTONOMÍA REBELDE ZAPATISTA. A 522 anos do inicio da invasión, saqueo e xenocidio en América e no ano 20 do inicio da guerra contra o esquecemento, manifestamos:

Mentres a hipocrisía celebra a infamia do primeiro chanzo da conquista de América nesta data sinalada como o día da hispanidade, nós denunciamos o xenocidio máis grande da historia, onde só nos primeiros 50 anos de colonización calculase que perderon a vida setenta millóns de persoas dos oitenta millóns existentes no ano 1500. Perdas humanas perpetradas polos conquistadores que tiveron como causas o homicidio directo con matanzas como a de Caonao en Cuba narradas por Fray Bartolomé naquel momento capelán militar e levada a cabo pola tropa de Narváez. Ou os despezamentos de Vasco Núñez de Balboa e entrega á voracidade dos seus cans, ou as mulleres aforcadas xunta seus fillos en Yucatán contado polo bispo Diego de Landa. As causas do xenocidio foron tamén as enfermidades transmitidas polos colonizadores españois, os malos tratos con durísimas condicións de traballo nas minas, ou a construción de grandes templos para a igrexa en réxime de escravitude.

Chegarían tamén varios séculos de destrución de templos, de libros e símbolos relixiosos pre-hispánicos, de criminalización cultural e lingüística, de imposición. Nunha conquista motivada pola febre do ouro e tomada como unha autentica cruzada relixiosa máis logo da reconquista de Granada.

Déronse dende os primeiros momentos da conquista innumerables resistencias indíxenas dende fai 522 anos, dende fai 300 anos, dende fai 100 anos, dende fai 20 anos, dende hoxe mesmo. Así o aprendemos dos nosos irmáns e irmás rebeldes Maias de Chiapas un primeiro de Xaneiro de 1994. Así o seguimos aprendendo agora con todo o Congreso Nacional Indíxena de México, con Atenco, coa Tribo Yaqui, co Pobo Mapuche e tódolos pobos, tribos e nacións indíxenas de América que resisten. Así o aprendemos cunha dor insoportable cos estudantes normalistas masacrados e desaparecidos en Ayotzinapa-Guerrero fai uns días nunha operación de Narco-estado no que se converteu o México de arriba, repetíndose outro Tlatelolco, outro Acteal. Esiximos a aparición con vida dos desaparecidos forzados! Xa basta!

E volvemos a berrar dende este humilde recuncho esixindo a liberación dos gardiáns loitadores que protexen a auga como seu propio sangue e a terra como a súa propia nai, que miran ós seus fillos como esa milpa que xurde ano tras ano. Por ter ollos de futuro, non están transitando os camiños deste mundo libremente e levan posto uniforme de presos.

Reafirmamos solidariamente tanta luz recibida pola digna autonomía zapatista, como exemplo do máis noble para a Humanidade. Vivan as Comunidades autónomas rebeldes zapatistas! Viva a saúde autónoma zapatista! Viva a educación autónoma zapatista! Vivan os 5 Caracois! Todos somos Galeano.

Alto á guerra neoliberal de conquista con novas roupas! Proseguindo a explotación, o despoxo, o desprezo e a represión cara os lexítimos gardiáns da terra e dos territorios. Alzamos a nosa voz firme, e de apoio mutuo dende a nosa Nai Terra, dende esta parte do mundo que chamamos Galiza, NON ESTÁN SOS NIN SOAS, NON ESTAMOS SOS NIN SOAS!

12 de Outubro de 2014, nada que festexar e moito que construír autonomamente, onde eles destrúen.

Compostela, Galiza, a outra Europa.

Fuga Em Rede (Colectivo Galego de Acción Global).

CIMG4294

posted by O GarcíaOutO García on 25

WIRIKUTA.

 

Abrimos as portas

e logo de pedir permiso

e ofrendar con flores,

galletas, augardente e canto

comezamos a procura

da cornamenta luminosa

de Watemukame.

 

Xa se discernía

o novo ciclo-mundo,

á sombra do huizache,

baixo a atenta mirada

de todo o sagrado lugar.

 

A intelixencia do Universo

a propiciar revelacións durmido,

e alí estabas con toda a plenitude árida

para sanarme, para limparme

leváchesme en peregrinación

ao país de Wirikuta.

 

Deixando a codia

para ir ó miolo

no centro da nada

na plenitude

de todo.

 

O García “Espalda Kemada”

Febreiro, 2012.

posted by O GarcíaXulO García on 8

CANCIÓN TRISTE.

 

Canción ke non

fracasos, medos e serrín

e rinse, rinse cando camiño louco polo rin

expoñendo as hemorraxias internas baixo a luz dos focos.

 

As cancións alegres non son atrevidas

espido diante dun micrófono

esta canción non se escoita      son

xemidos silenciosos en un gramófono

antigo, moi, moi antigo

berros de frustrados dende o pozo

ken-o sabe?

kedar afónico

apagase a voz

triste

é o cantar que nin canto Rosalía.

 

Canción que non o é, non pode, canción dun tempo de guerra a punzar no centro, a si e a xa non, sentir?

guerra-interna                                   guerra

guerra-externa                                  guerra

NADA

 

e as flores agora non keren nacer

non poden

é un tempo triste,

necesario.

 

Outono 2011 e Xullo 2012.

o garcía

Fatoumata Diawara – Sowa

posted by O GarcíaXuñO García on 7

CACTO

Mentres o cacto medra

a vida se altera

e mentres,

as catapultas do reloxo

lanzan perversión ao aire

e mentres, a vida é un cacto

catapultado a un reloxo.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxx

O García.

8-2011

posted by O GarcíaOutO García on 16

xxxxxxxxxxxxxxxxxx

Non estou de paso

estou para kedar,

coas flores co mar

contigo con vós

Renacerei mil  e unha veces

no sal

na doce comisura dos teus beizos,

non estou de paso

decidín kedar sempre

akí,

porke non podo, por eso

transgredo o estipulado

decidín estar sempre

agora e logo

en ti, en vós

no sal e nos pensamentos;

coma os antergos.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

15 d´Outono 2011. O garcía.

posted by O GarcíaSetO García on 26

Soño de náufrago.

Esperta!

Afúndese o barco,

náufrago, veste nunha illa deserta chea de peña

golpeado, medio afogado

érgueste como podes, camiñas.

E a pesar da dor, golpeado, camiñas

e  logo corres pola illa deserta

chea de peña, corres desesperadamente

e sobes ao punto mais alto

e despeñaste,

pra volver a caer no mar

e así espertar de verdade…

Téntante afogar.

Non hai verdade

rebuleste, saes como podes

cara a superficie

agora podes ver a cara desas vítimas

ke son os teus verdugos.

Espertas (supostamente) unha vez mais

-Marcho de akí.

Voume vivir a unha illa deserta… sen xente-

Xente,

xente cara un mesmo lugar.

Xente abraiada polo solpor (oxalá)

Persoas

persoas-natureza

seres humanos-eu

natureza-eu

nesa maldita illa deserta, chea de peña.

O García.

posted by O GarcíaXulO García on 4

Ramona Esperanza

Ela é pekena
tan fráxil (aínda)
ela é unha nena
tan forte (xa) e
aínda é unha nena
****************
E unha nena
máis
xa fai de nai
sacalos irmáns adiante e os fillos ke virán
e a súa “condena”
***************
Ela é noviña pero
tan responsable
os seus ollos reflicten unha realidade tan dura
e a esa idade
***********

posted by O GarcíaXuñO García on 30

E un agasallo mais! ter bos amigos/compas ke bonito é, encheme de felicidade

e poñome algo colorado… comparto con vós. Do poeta, compañeiro de batalla

 e amigo Manolo pipas. Foi publicado no seu amplo e brillante blog ke él sí

actualiza a miúdo:

http://envolventesaspalabras.info/semblanzas-apertas-elexias/caderno-do-garc%C3%AD

Gracias compa! e SAÚDE.

caderno do garcía

órale amigo garcía
e benvido o teu caderno
que agardabamos hai tempo
entre chiapas e galiza

un caderno de viaxe
camiña digno e con raiba
na cidade e nas montañas
facendo comunidade

cronicas e poesias
palabras e ligazons
travesías con paixón
entre musicas garcía

ai cronista serxio regos
vas regando milpas e hortas
no solpor e mais na aurora
ai vai chido o teu caderno

o outro cronista

imaxe no zapatista caracol
de oventik no mencer do 1-1-2009

posted by O GarcíaXuñO García on 20

Vivimos entre o mármore

e non keda espazo

para nós!

xxxxxxxxxxxxxx

FENDEO.

xxxxxxxxxxxxxx

O García. Compostela Xuño 2011

posted by O GarcíaXuñO García on 20

En xaneiro deste ano chegoume un agasallo, o millor dos agasallos: Un poema en forma de acróstico do Compañeiro e Poeta Ramiro Torres.

Mil gracias Ramiro unha vez mais pola tremenda forza ke me envías pra seguir millor neste camiñar.

Compartoo agora con tod*s vós:

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Para o García, na imensa terra por chegar.


Ganhamos a precisão do sol entrando nas

Artérias do mundo, anulamos esta opaca

Rede do desencanto com a estrela cravada no

Cimo fluente de um fogo vivo, vertendo a

Imaginação deslumbrante na pirataria do coração:

Auscultadores das formas trepadoras da luz invicta.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Janeiro de 2011.


posted by O GarcíaMaiO García on 27

Somos
PEDRAS
masticadas
baixo o cemento.

O García. Rúa de San Pedro-Compostela. Agosto 2010.

posted by O GarcíaAbrO García on 4

corrido dun hiphopeiro polo deserto

ajá ándele chaparro
da terra do chapapote
xa nos vai o hiphopeiro
ao deserto do peyote

pois si que o jarsia ten
boa moral e papote
ala que tes pouco tempo
ándele vai a trote

carga pouco o morral
con frijoles e ejotes
coida ben a túa sombra
e tamén o teu bigote

saudos ao correcaminos
e tamen ao seu coyote
cóidate “pekerrecho”
e coida ben o pipote

un abrasote

o cronista
coa axuda
das dúas guadalupanas

xxxxxxxxxxxxxxxxxx

>Do poeta e amigo Manolo pipas.

http://www.envolventesaspalabras.info/

posted by O GarcíaMarO García on 24

A VIDA REFLECTIDA NESE VAL.

Desde akí pódese ver o val

e a néboa  cubreo todo

pero, distínguese o río serpenteando

e o millo trepa polas ladeiras entre os penedos

o sol marcha i eu tamén

podo velo cos meus propios ollos

ese orizonte

e ke haberá  nesas montañas? Pregunto.

Costa abaixo camiño a Tuxtla e máis aló

rodando noutro camión ke se move

e non sei si chorar ou rir

as feridas lévoas gardadas no corazón

e despois destas montañas

non se sabe ke paisaxe virá (…)

Desde akí pódese ver o val e

a néboa  apoderase del

desde akí vexo o val e

a vida reflectida nel.

Tamén hai claros

e, distínguese o río serpenteando

e o millo ten tanta forza

ke medra entre os penedos

rezando ao sol

e vai asomando a lúa

ke akí e coma unha hamaca,

non podo camiñar

e non é polos pes.

O intenso frío dos altos

cae sobre o meu corpo

e prefiro non pensar demasiado

deixome levar

e as feridas lévoas no corazón

e preguntome, detrás desas montañas ke haberá?

Porke o terreo polo ke acostumo a camiñar

e demasiado irregular

cando cres ke camiñas con estabilidade, zas!

Detrás dos outeiros será mellor?

ou peor?

supoño ke os ke alí habitan

tamén camiñan entre o ben e o mal

ao fin e ao cabo

estas montañas polas ke agora camiño

saben moi ben o ke é chover bagoas

e derramar sangue moreno

por iso é tan alegre a rebeldía

por iso, é tan digna, a rabia.

O García. 01 09. Chiapas.

posted by O GarcíaMarO García on 23

VERGOÑA

A vergoña hoxe chamase estado de Israel.

As bombas do negocio dos porcos postos de pé

esbouran nas escolas.

Segue tomando o teu batido de fresa transxénico.

Ti de ke lado estás?

Como si só houbera dúas realidades,

estou do lado da vida,

centos de persoas asasinadas,

grávao na túa retina, a dignidade hoxe

chamase Palestina.

Nunca eskeceremos as loitas contra o muro 

en árabe i en hebreo

en inglés i en galego

a flor da autonomía activista 

sen autoridade 

nin israelí,

nin palestina.

O García. 01 09 (polo ar.)

Este poema foi publicado no antigo portal web de Fuga Em Rede e tamén na páxina “envolventes as palabras” do compañeiro e poeta Manolo pipas: http://www.envolventesaspalabras.info/etiquetas/por-palestina

posted by O GarcíaDecO García on 29

Un muslo por akí, unha cadeira por alí 

saliva percorrendo os poros da pel… 

caramba!fas voar a calkera 

levo o teu olor gravado na calavera 

Deslizámonos cara a fogueira ke nos keimaba 

e aos dous nos gustaba a paz salvaxe ke iluminaba 

escravo de ti 

escrava de min 

escravos do pracer 

Bebemos da suor e a música soaba 

e ao mencer en Marte estaba 

na terra non entendía ke pasaba 

O mel e doce e por momentos 

salgada coma o mar en forte marexada 

a lúa nos axitaba cal lobos da manada 

nada importaba, o instinto animal nos superaba 

e o mundo correcto dos humanos nos asustaba 

e agora espido na palabra 

cántoche 

muller leoa-deusa das deidades latinoafricanoasiaticas 

nos teus ollos de oceanía viviría 

nesta fría europa, a túa paixón 

todo o incendiaba. 

2009

O García.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries