PalabraArchive for the ‘’ Category

posted by O GarcíaAbrO García on 19

 

Comunicado elaborado con motivo da acción de Labregos do Tempo dos Sputniks nun Ciclo na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura e os porqués:

 

LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS REALIZAMOS UNHA EXPROPIACIÓN ECONÓMICA HOXE Á FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA.

Quen forma a Fundación Cidade da Cultura?

Pois está gobernada por un padroado composto da seguinte maneira:

Presidente de Honra.

Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

Presidente do Padroado.

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad

Vicepresidenta.

Conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz

Vogal.

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández de Rojas

Secretario.

Secretario Xeral da  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén Barcala

E ademáis polas seguintes persoas.

Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez

Alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Conde Roa

Director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

Directora xeral de Comunicación, Mar Sánchez Sierra.

Secretaria xeral para o Turismo, María del Carmen Pardo López.

Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero.

Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, María Socorro Martín Hierro.

Director Xeral de Política Financeira e Tesouro, Manuel Galdo Pérez.

Representante de Novagaliciabanco.

Representante de Telefónica, S.A.

Ademais existe outro Padroado denominado Fundación Gaiás ou “Patróns” textualmente. E xunto cos gobernantes da Cidade da Cultura din que apostan decididamente pola cultura en Galicia como eixe de cohesión social así como o fomento do progreso sostible da sociedade galega… vexamos quen son:

Novagalicia Banco

INDITEX

INVERAVENTE

Gas Natural-Fenosa

Fundación Barrié

Banco Gallego

Coren

Campo

Gadis

Grupo Nosa Terra 21

Astilleros Barreras Vigo

Estrella Galicia

R

Monbus

Porque Labregos do Tempo dos Sputniks actúamos hoxe na Cidade da Cultura no Ciclo Galicia, Ceo das Letras 2012 e para que?

Por unha banda nós gustamos de participar en actos que difunden a obra de Celso Emilio Ferreiro, porque o admiramos  e porque é un dos nosos principais poetas nacionais, ademais porque nos da nome neste proxecto cun dos seus versos e habitualmente musicamos a súa poesía. Pero por outra hai unha contradición clara en canto ao espazo no que se realiza o acto que para nós resúmese nos seguintes puntos:

  • A cidade da Cultura é un mausoleo do recentemente falecido Manuel Fraga Iribarne, un macropanteón do ex ministro franquista e presidente da Xunta de Galicia, tentando así deixar un gran legado que obviamente se lle foi das mans… un panteón faraónico que soterra boa parte do presuposto público nun lugar afastado da poboación e das necesidades básicas a nivel cultural. Púxose en marcha coa construción inacabada deste complexo un auténtico espolio de fondos públicos (máis de 400 millóns de euros ate o de agora) en beneficio de uns poucos e en detrimento de unha auténtica activación da programación cultural nas aldeas, nas vilas e nos barrios onde a cultura está viva e faltan medios e propostas. Este lugar está xa a hipotecarnos. Un proxecto sofisticado e luxoso que forma parte así mesmo da depredación do territorio, ao que desgraciadamente xa estamos moi acostumados (o Monte Gaiás) pois sempre se realizan en nome do progreso.

 

  • Ademais quen goberna a Cidade da Cultura está apostando por unha actitude claramente hostil cara a nosa lingua e cara a nosa Cultura en xeral, como se de unha especie de apartheid cultural se tratase ou dunha broma macabra levada a cabo por persoas con actitudes reaccionarias que censuran, reprimen e recortan todo o que teña que ver coa cultura galega, libre e de base. Nós facemos música dende o Pobo e para o Pobo e decidimos como estratexia reapropiarnos do público, dada a exclusión a quee moitos artistas, educadores e programadores nos vemos sistematicamente sometidos. Son cartos de todos e todas. Hoxe estivemos aquí sabendo que non é o habitual, non é o común que xente coma nós participe nestes ciclos e espazos. Temos que dicir tamén que houbo xente que traballa neste lugar que nos tratou ben, con respecto e estamos agradecidos neste caso polo trato recibido por parte de xente traballadora e de boa fe. Fixemos o noso traballo o mellor que sabemos e respectamos ao público, sen embargo non podemos ser partícipes neste caso por omisión da coitelada que están a padecer as xentes do común, tódolos sectores subalternos da sociedade que temos que padecer o saqueo constante dos nosos recursos para un uso pintado de Cultural e que non é máis que centralista e elitista.

 

  • Polo tanto cedemos a cantidade de 1000 € a un proxecto social e autónomo, neste caso educativo e transformador, e que traballa a prol da lingua galega: A escola de ensino galego SEMENTE. Un proxecto da Gentalha do Pichel,  eles e elas saben moi ben do que falamos pois lonxe de seren apoiados proxectos deste tipo son a cada paso perseguidos.

O dito, saúde! e forza!

Que viva a Cultura Libre nas aldeas, nas vilas e nos barrios!

Labregos do Tempo dos Sputniks. 14 de Abril de 2012. Compostela.

posted by O GarcíaMarO García on 16

Cando miredes a Ría de Vigo e vexades un monte no alto de Nigrán ke non está completamente urbanizado sabede ke se chama Monteferro. Sabede ke está vivo porke o colectivo “Salvemos Monteferro” protexeuno con Xosé Reigosa á fronte. Sabede que o Xosé foi unha peza irrepetible neste rompecabezas que chamamos Rede Galiza Non Se Vende, pois propiciou e sustentou a mesma como poucos ou se cadra como ninguén. Era tremendamente especial a nivel de representar a dignidade rebelde ke nos move. Sabede ke este compañeiro era un dos imprescindibles (aínda ke a el non lle gustaría esta definición). Síntoo Xosé, pero si, ti eras, es e serás un deses. O seguinte texto é unha carta en voz alta desde o persoal, non podo escribir desde a distancia, desde a frialdade, non podo. Van pois apenas unhas liñas a un grandísimo amigo, a un compañeiro de loita social, a alguén ke coñecín relativamente tarde mais nestes poucos anos compartimos moitos momentos moi intensos de fraternidade, un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito.

A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) de Serxio Regos “O García”.

Xosé, compa. Onte chegoume a noticia… agora sinto unha dor infinita porke es unha das persoas ke máis kero e respeto no mundo e, cústame pensar ke xa non poderemos desfrutar da túa presenza física. Cústame moito.

Estou saíndo no tren cara a túa Ría, a nosa, a dos compas, a ke non está a venda, ese espazo común de terra, xente e sal ke moldeaches con agarimo no facer. Vou mirar as Cíes, vou cara a Ría, a ke non se vende e tódolos carroñeros keren facer negocio con ela, como con todos e cada un dos espazos naturais da Terra, a ke pertencemos.

Porke sabemos ke son chulos, chulos do territorio e exercen como tal, nunca se sacian, pero para definilos nada mellor ke a túa sinxeleza e humor, como saído dun western, no medio dunha frase desas túas interminables e con voz susurrante : “…os malos”.

Vou no tren lento, penso ke nunca foi tan lento, cara a Ría a xunto ós teus, a xunto ós compas, para estar ó teu carón e falarche, teño tanto ke dicirche… e sobre todo tanto ke escoitarte pois desde ke te coñezo non deixei de aprender meu. Pra min es como a encarnación da esperanza, tronzas as barreiras xeracionais coa túa proximidade.

Vou no tren, para estar a túa beira, neste tren ke debera ser realmente do común e non como a alta velocidade elitista que tanto cuestionaches e asegúroche cuestionaremos, por formar parte de unha estratexia depredadora do territorio, ke só lle interesa ao capitalismo salvaxe, xa sabes nós somos pasmós-peatós e non hai máis.

Vou ao teu carón parece ser ke a despedírmonos de ti… pero eu kero escoitarte máis, ke me fales do decrecemento, dende o neolítico! Como acostumas a facer… cóntame si,  porke o teu libro sobre o tema xa debe estar bastante encamiñado, ou ke? É cando máis precisamos dos teus coñecementos, da túa lucidez, da túa paciencia, da túa calma e da túa digna rabia cando hai ke tela. Agora é cando máis precisamos do teu humor, nestes tempos ke corren, fálame do decrecemento unha vez máis… da biodiversidade da Ría, transmíteme o teu AMOR con maiúsculas pola Terra. Veña Xosé ke eu comprométome a transmitirllo aos demais como poida. Dime.

Ah! E cántame a de “Al vent” e a de “se non tedes sachos traémolos nós…” ke aínda imos conversar dun par de temas un ratiño máis… ke digo un ratiño máis si sempre nos pasa o mesmo e remata por iluminarnos a raiola do amencer…

Xosé, eu noméote: Xosé Monteferro, noméote e vives, nomeámoste e pensámoste e estás akí con nós por iso non falo en pasado, porke negámonos a perderte. Todo o ke construímos é indestrutible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós, e nos montes e na Ría, e en cada loita antisistema como a ti che gusta dicir, non antisistémica como sempre che digo eu… E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sistemas, e a nós, o ke non nos gusta é este e imos construír outro mellor…”

 

Quien nombra llama.
Y alguien acude, sin cita previa, sin explicaciones, al lugar donde su nombre, dicho o pensado, lo está llamando.
Cuando eso ocurre, uno tiene el derecho de creer que nadie se va del todo
mientras no muera la palabra que llamando, llameando, lo trae.

Eduardo Galeano.
“Ventana sobre la Memoria”, en Las Palabras Andantes. Ed. Siglo XXI.

 

 

Días despois do seu pasamento celebrouse unha homenaxe en Monteferro e botáronse as súas cinzas ao mar ke tanto coidou  (e ke agora coida del) desde o monte ke tanto protexeu (e ke agora o protexe).

 

Xosé, pasou unha semana e algo da túa despedida e agora estou en Monteferro. Está isto ateigado de xente! E hoxe non sinto dor, sinto alegría, orgullo, e non son o único, escoitáronse akí moitas emocións de boca de xente moi diversa en idades, de diferentes lugares, de diferentes colectivos, da túa familia e amigos… E sentín ke andabas por akí entre a xente fumándolle un cigarro coa túa presenza inevitablemente agarimosa, de paz.

Unha homenaxe do pobo humilde e sinxelo como te mereces, uníndonos unha vez máis a tod*s entorno á terra, como acostumabas facer. Poesía, palabras, colectividade, natureza, xantar popular… Información rigorosa sobre a situación ambiental actual de Monteferro e todo o Val Miñor da man do teu irmán, asemblea, acción na rúa, música…

Estás xa na memoria colectiva, burlaches a morte! Como fixeches!?

O amor polas persoas, pola Terra, pola vida, sempre situado abaixo e de pé. Canto nos deches meu, canto, canto. Sempre con alegría, de arriba pra baixo, caravanas de concertos, conversas mil, asembleas a eito, manifestacións, notas de prensa, redacción e sobre todo sintetización de manifestos… sempre sumando. Sen alentar. Un espírito libertario, nada dogmático, xa che vén de familia: Ricardo Mella, Urania Mella… O teu compromiso admira a ken o mira meu, es xustamente todo o contrario á covardía.

Téñolle escoitado aos indíxenas de Chiapas unha definición das persoas especialmente respectadas pola comunidade por seren defensoras do Colectivo, da Cultura e do máis importante de todo, a terra e o territorio no seu conxunto. A Nai Natureza na ke se sustentan os Pobos, pois sen Terra viva non hai vida digna, non hai nada… “Los Guardianes” din, os ke garanten a protección do espazo territorial, “hasta morir si es preciso” din. Unha definición ke me ten chamado moito a atención e xa o teño falado contigo Xosé porke pra min es “O Gardián da Ría” e por extensión un Gardián, un guerreiro, ke ofrendaches o mellor de ti polo ben común, un bo e xeneroso como xa dixeron máis compas. O noso Xosé, gardando a biodiversidade da Ría xa desde os ollos de Monteferro. Gardando a Ría, como nós te gardamos a ti pois xa non te podes ir. Conseguíchelo, permaneces. Transmítesnos toda a forza para seguir defendendo o ke é de todos e todas. Hai un compromiso, unha débeda pois, de defensa da xustiza e da liberdade ke alimentaches e ke non se pasará por alto, asegúrocho.

Saúde e Terra camarada! E unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asembleas, e do xantar e… akí estamos, no crepúsculo, ti máis eu felices coma nenos, conspirando por algo mellor, xunto aos todos e todas ke somos… compa! seguimos!

Xosé, vives!
A loita sigue!

Goberne ken goberne, Monteferro non se vende!
Goberne ken goberne, A Ría non se vende!
Goberne ken goberne Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod*s.

 

Referencias do Xosé:

Video Xosé falando en Massó (Cangas)

Video Xosé falando en Vigo.

 

Referencias póstumas recompiladas:

Homenaxe a Xosé – Video Galiza Contrainfo
Galiza Non se Vende I
Galiza Non se Vende II
Envolventes as Palabras
Fotos Galiza Contrainfo

 

Este texto foi publicado no Dioivo (Medio de comunicación cooperativo en galego) na sección de Obituarios neste Marzal de 2012: www.dioivo.eu/obituarios

posted by O GarcíaMarO García on 17

HIP HOP

INTERVENCIÓN na MESA REDONDA “Sabotaxe na fronteira. Arte e subversión na Galiza contemporánea” o 4 de Marzal do 2010 dentro das I XORNADAS GALEGAS DA EDICIÓN INDEPENDENTE na Biblioteca Pública Anxel Casal de Compostela. As xornadas foron organizadas por Estaleiro Editora e a editorial Corsárias.*

*O seguinte texto é unha versión lixeiramente corrixida.

Serxio Regos “O García”.

Boa tarde.

Kero agradecer a Estaleiro Editora e a Corsárias a invitación. Aproveito para felicitarvos polos vosos tan necesarios proxectos e por estas xornadas. Síntome moi feliz de compartir este espazo para a reflexión e a análise, para a palabra. Estes días akí estanse amosar bocexos e tamén realidades de eses/estes outros mundos posibles nos ke andamos, os ke procuramos sen acougo.

A NACIÓN HIP HOP ESTÁ ABAIXO E Á ESKERDA.

  1. A Escuridade. (Dúas voces dende a negritude)

Dende a cultura da morte e do medo, dende a periferia, dende o crac ke se proxecta dende arriba para manternos a raia, dende as túas entrañas, ai Imperio, dende o Norte si, dende a exclusión, dende a desesperación, a cultura da morte a violencia no barrio, a violencia entre a comunidade, gangs, adolescencia fumando crac, heroína, as armas circulan, o racismo institucional agora reproducímolo nós, as armas circulan, impórtame unha merda o ke digas, xuro ke te mato! De feito xa estás morto, somos mortos en vida.

Case non keda nada de nós, aldraxadas, arrincados da nosa nai Áfrika, asasinados, violentados por séculos explotados.

– Mais non todo está perdido… primeiro foron os cantos de traballo ke trouxemos de Áfrika, logo o Blues, a migración do Bluesman cara a cidade, do sur cara o norte, o trance nas Jam Sesións de Jazz, o Ritm & Blues, o Rock and Roll, o Soul, Black Power!! Panteras Negras e mailo Funk. Uaaaauuu!!! Somos negros e estamos orgullosos.

– Siii,  pero míranos estamos na pobreza extrema e matámonos entre nós, semella ke toda a rebeldía, aínda ke fora algo contra vento e marea fracasou.

Un ponlle unha man por riba do ombro ao outro ke ten unha pistola na man porke o kería asasinar e dille:

–          O mais escuro é antes do amencer.

2. A luz. (Unha luz ilumina dende o sur do Bronx)

Logo da viaxe de Áfrika Bambaataa por Sudáfrika e despois de coñecer a Nación Zulú, o xoven Bambaataa ex-pandilleiro percatarase de ke moitos dos xeitos de expresión no seu barrio, na rúa, gardan grandísimas similitudes coas formas de expresión do pobo Zulú. Nación por certo, ke o guerreiro Shaka Zulú convertera en todo un símbolo guerreiro da Áfrika enfrontándose con éxito ao Imperio Británico ke desembarcara polo cabo de Buena Esperanza xusto a veira de Cape Town, o Capetón dos mariñeiros Galegos.

Áfrika Bambaataa tivo ke percibir akela cultura guerreira e antiimperialista e debeu percibir tamén con claridade (por exemplo) ke cando os zulús se reunían e facían un corro e supoño ke tocarían diferentes instrumentos de percusión, e tamén estou seguro de ke alguén danzaba no medio de ese corro e as autoridades tradicionais, ou como alí se chamen, moi probablemente fixeran uso da palabra. Ao fin e ao cabo espiritualidade, ao fin e ao cabo rituais ke se daban por exemplo, cando se ofrendaba á natureza nalgún cambio cíclico. El viuno todo claro, a conexión era clara. Cambiara bastante o contexto, pero en esencia era o mesmo ke se facía no barrio, a pesar de tódolos intentos ao longo da historia de desdibuxar por completo as formas culturais ancestrais da comunidade negra.

No retorno desa viaxe, literalmente ás raíces, xa no Bronx o 12 de Setembro de 1973 dáse o milagre! acéndese a lus, a fundación da Universal Zulú Natión. O traballo pola paz na comunidade independentemente da cultura, relixión ou idade, é mais mesturando tódolos saberes, facendo especialmente fincapé nas formas ancestrais africanas non tivo acougo. Por ké non xuntar forzas para loitar por un fin común e por ke non facelo a través da arte?

Iso ke Bambaataa vira en Áfrika, os xeitos de danzar, recitar a palabra, a musicalidade, a pintura…conectouno totalmente co graffiti e o breakdance e outras formas de expresión ke se practicaban nas rúas do seu gueto no sur do Bronx. Eran formas evidentes dunha necesidade de comunicarse co mundo e co propio ser. Formas ancestrais. Bambaataa era DJ. Os Dj´s eran unha especie de axitadores no barrio pinchando a música da xente de abaixo, na rúa, a ke non poñían nas radios comerciais, os Sounds Sistems levados ao Bronx por Kool DJ Herc (inventor do breakbeat), nos ke os breakers facían piruetas sen parar en un trance total ke seguramente facía ver os problemas da vida no gueto como algo externo a eles, aínda ke só fora momentaneamente.

A xuntanza das artes, cultivarte , cre en ti mesmo, es alguén, respecta aos teus irmáns:

Dende logo unha inxección de auto-estima. A mellor menciña.

Áfrika Bambaataa foi capaz, xuntou o Graffiti xa existente na rúa co Breakdance ke tamén estaba aí, co Dj¨ing ou as artes do dj, e iso ke improvisaban os presentadores ou acompañantes do Dj, ke máis adiante se denominaría Rap. Organizou eventos de carácter autónomo, ás veces okupando espazos deshabitados para facer descargas momentáneas da viveza da expresión da cultura na rúa.

Así, en 1974 nace a Cultura Hip Hop, a xuntanza das artes da xente de abaixo, da rúa, dos excluídos, dos migrantes…

A violencia no barrio descende drasticamente, en gran medida e con moito esforzo conseguiuse. Hip Hop. Dicían, eu son da Nación Hip Hop. Unha alternativa de conduta capaz de transformar ás persoas manifestando a conciencia colectiva, comunitaria.

3. De cando chega a nós (buscando por kés)

Dende akel entón pasaron moitas cousas, e agora moitas veces tense unha imaxe ke non se corresponde cos verdadeiros valores da Cultura Hip Hop. Unha imaxe deformada polos mass media e claramente con fins ke teñen máis ke ver co sistema capitalista ke con outros xeitos de economía e de moitas outras propostas nas ke algúns cremos. Hip Hop dende abaixo, como movemento ke crea novos mundos, institucións autónomas, propias. Democracia participativa a través da arte, as leis do acordo, non as ke se proxectan dende arriba, reafirmación da colectividade, ante un sistema ke nos individualiza. O Hip Hop está abaixo pois ven de abaixo, e si non é así, é só un produto máis do sistema capitalista. Está abaixo e ten valores de eskerda, de respecto, pois foi un catalizador tremendo como movemento antirracista, por poñer un exemplo. É unha nación ke está polo mundo todo, nos guetos de Luanda, nas favelas do Brasil, nos barrios migrantes de Marsella, en Ordes.

Alí onde hai exclusión hai Hip Hop, é a nosa palabra. A nosa ferramenta mais integral.

Pertenzo ao Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, e nós non temos a verdade sobre o Hip Hop, pero sí algo de experiencia dende 1995 ata hoxe. Por ké esta cultura foránea tivo a capacidade de estimularnos nun ambiente tan gris? Probablemente por eso pola cor ke desprende, como un arco da vella. Podemos falar do Hip Hop como filosofía, como historia, como matemáticas, como música, como danza, como pintura, como nada. O Hip Hop, non é o importante, o Hip Hop é nada e é todo á vez. Eu son Hip Hop. É unha ferramenta. Non é nada novo, leva dende os principios da humanidade con outros nomes entre nós en tódalas culturas, en tódalas civilizacións con outros nomes ou sen nomes. E esta parte do mundo non é menos, a muiñeira por exemplo, os Maios… cambios cíclicos da natureza onde se danza e se toca, onde se ofrenda, a espiritualidade ao fin, roubada polas doutrinas, tamén a do Hip Hop. En Dios Ke Te Crew, facemos obradoiros sobre todo por centros educativos e cando un rapás ou unha rapaza rapea o mundo ten sentido, rompemos os muros da incomunicación, decidimos por nós mesmos, ke o final é o ke importa. Cando facemos Hip Hop somos libres nese preciso momento. E o máis importante, facémolo nós, sen caudillos, nin patróns. Pois sae de nós, sae de abaixo e a eskerda, ke como dín os compas de Chiapas é onde está o corazón. Porke os valores realmente de eskerda e da búskeda da convivencia feliz, non teñen nada ke ver cos pseudo-eskerdistas ke enchen as filas da clase política, case por completo pregada aos valores dos mercados financeiros.

E ao final a Cultura Hip Hop só é unha ferramenta, unha ferramenta ke lle dá voz aos ke na teñen, parafraseando a KRS-One digo ke “Hip significa saber, é unha forma de intelixencia, ser Hip e estar ao día e relevante Hop é unha forma de movemento, non podes só observar un Hop, tes ke saltar (erguerte) e facelo, Hip Hop é mais ke música. Hip é coñecemento, Hop é movemento, Hip Hop é movemento intelixente. …Corre e dillo aos teus amigos unha antiga civilización volveu a nacer é un feito”

Hip Hop, a nosa digna rabia abaixo e a eskerda, é o faino ti mesmo  é o copyleft, cada ves ke sampleamos e sacamos fotografías a música e logo facemos a partir deses sentimentos un colage, unha nova composición. E reciclaxe pura e dura. É o faino ti mesmo. Debe ser independente, pois é unha expresión máxima de Autonomía feita realidade. O Hip Hop é unha ferramenta abofé ke reivindicativa, artística e política. Non somos espectadores, somos actores das nosas propias vidas.

Ke non pare, ke non pare Hip Hoooooooooop!!!

KRS One \”Hip Hop lives\”

Este texto foi publicado no Blogue do programa da Radio Galega Música O Planeta Furancho: http://planetafurancho.wordpress.com/category/planeta-garcia/

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries