Letras para os MovementosArchive for the ‘’ Category

posted by O GarcíaAgoO García on 18

Apuntes apresurados para PROCESOS SOCIAIS OU ORGANIZATIVOS:

A subvención mata a creatividade, a administración burocrática mata a creatividade, a organización dogmática e vertical mata a creatividade, a disociación “o mellor de cada cousa” sen ideal compartido mata a creatividade, o narcisismo mata a creatividade, aínda con boa vontade os aficionados sen humildade matan a creatividade. O sectarismo, o parasitismo, as présas, a autonomía mal entendida que non sabe solicitar apoios externos e por último os solistas, tamén matan a creatividade nos procesos sociais ou organizativos.

#achega

posted by O GarcíaOutO García on 13

CIMG4309

 

12 De Outubro de 2014.

MANIFESTO DE REAFIRMACIÓN E DIGNIDADE COA RESISTENCIA INDÍXENA E A AUTONOMÍA REBELDE ZAPATISTA. A 522 anos do inicio da invasión, saqueo e xenocidio en América e no ano 20 do inicio da guerra contra o esquecemento, manifestamos:

Mentres a hipocrisía celebra a infamia do primeiro chanzo da conquista de América nesta data sinalada como o día da hispanidade, nós denunciamos o xenocidio máis grande da historia, onde só nos primeiros 50 anos de colonización calculase que perderon a vida setenta millóns de persoas dos oitenta millóns existentes no ano 1500. Perdas humanas perpetradas polos conquistadores que tiveron como causas o homicidio directo con matanzas como a de Caonao en Cuba narradas por Fray Bartolomé naquel momento capelán militar e levada a cabo pola tropa de Narváez. Ou os despezamentos de Vasco Núñez de Balboa e entrega á voracidade dos seus cans, ou as mulleres aforcadas xunta seus fillos en Yucatán contado polo bispo Diego de Landa. As causas do xenocidio foron tamén as enfermidades transmitidas polos colonizadores españois, os malos tratos con durísimas condicións de traballo nas minas, ou a construción de grandes templos para a igrexa en réxime de escravitude.

Chegarían tamén varios séculos de destrución de templos, de libros e símbolos relixiosos pre-hispánicos, de criminalización cultural e lingüística, de imposición. Nunha conquista motivada pola febre do ouro e tomada como unha autentica cruzada relixiosa máis logo da reconquista de Granada.

Déronse dende os primeiros momentos da conquista innumerables resistencias indíxenas dende fai 522 anos, dende fai 300 anos, dende fai 100 anos, dende fai 20 anos, dende hoxe mesmo. Así o aprendemos dos nosos irmáns e irmás rebeldes Maias de Chiapas un primeiro de Xaneiro de 1994. Así o seguimos aprendendo agora con todo o Congreso Nacional Indíxena de México, con Atenco, coa Tribo Yaqui, co Pobo Mapuche e tódolos pobos, tribos e nacións indíxenas de América que resisten. Así o aprendemos cunha dor insoportable cos estudantes normalistas masacrados e desaparecidos en Ayotzinapa-Guerrero fai uns días nunha operación de Narco-estado no que se converteu o México de arriba, repetíndose outro Tlatelolco, outro Acteal. Esiximos a aparición con vida dos desaparecidos forzados! Xa basta!

E volvemos a berrar dende este humilde recuncho esixindo a liberación dos gardiáns loitadores que protexen a auga como seu propio sangue e a terra como a súa propia nai, que miran ós seus fillos como esa milpa que xurde ano tras ano. Por ter ollos de futuro, non están transitando os camiños deste mundo libremente e levan posto uniforme de presos.

Reafirmamos solidariamente tanta luz recibida pola digna autonomía zapatista, como exemplo do máis noble para a Humanidade. Vivan as Comunidades autónomas rebeldes zapatistas! Viva a saúde autónoma zapatista! Viva a educación autónoma zapatista! Vivan os 5 Caracois! Todos somos Galeano.

Alto á guerra neoliberal de conquista con novas roupas! Proseguindo a explotación, o despoxo, o desprezo e a represión cara os lexítimos gardiáns da terra e dos territorios. Alzamos a nosa voz firme, e de apoio mutuo dende a nosa Nai Terra, dende esta parte do mundo que chamamos Galiza, NON ESTÁN SOS NIN SOAS, NON ESTAMOS SOS NIN SOAS!

12 de Outubro de 2014, nada que festexar e moito que construír autonomamente, onde eles destrúen.

Compostela, Galiza, a outra Europa.

Fuga Em Rede (Colectivo Galego de Acción Global).

CIMG4294

posted by O GarcíaMarO García on 5

 

(Texto repartido o pasado día 3 en Baiona nunha acción ludico-reivindicativa con motivo da “Festa da Arribada”)

 

Baiona. Sábado 3 de Febreiro de 2012. FESTA DA ARRIBADA?

NADA QUE FESTEXAR.

O mal chamado descubrimento de América foi un proceso de conquista e polo tanto de ocupación militar do territorio americano. É certo que sempre se nos impuxo a visión dos vencedores pero nós: A Ría Non Se Vende (Galiza Non Se Vende) poñémonos do lado dos vencidos porque sería inhumano facer o contrario.

Non nos parece responsable regocijarse a modo orgulloso sobre o xenocidio mais brutal da historia da humanidade. A conquista bélica do continente americano supuxo (e supón) a aniquilación de millóns de persoas a través da guerra, a escravitude e as enfermidades levadas polos imperios católicos europeos do momento, principalmente o imperio español. É incalculable a desaparición forzada de Culturas enteiras a nivel masivo, hoxe os Pobos Orixinarios superviventes resisten e seguen a padecer a explotación, a represión, o desprezo e o despoxo dos seus lexítimos territorios en man común que historicamente protexen. O saqueo dos recursos naturais é o principal interese das empresas multinacionais nesta etapa Neocolonial. Un proceso de exterminio que fai responsable tanto a gobernos nacionais americanos (como o mexicano, por poñer un exemplo) como tamén responsable aos malos gobernos da Xunta de Galicia e do Goberno de España asinantes de diferentes tratados de libre comercio con ese Narco-estado corrupto que é México.

Nós, recoñecémonos como compañeir*s de loita dos Pobos Indíxenas rebeldes e organizados autonomamente pola defensa dos seus usos e costumes, así como a defensa do territorio. Somos unha Rede de Colectivos e Individuos en defensa do territorio e posicionámonos  do lado dos que padecen a guerra máis longa da historia da humanidade. Unha guerra que dura máis de 500 anos e que ten como obxectivo a conquista dos seus lexítimos territorios e o exterminio dos seus pobos orixinarios e labregos que aínda resisten. Somos conscientes de que este é un proceso global levado a cabo dende o sistema capitalista na súa actual etapa neoliberal, ou ditadura dos mercados, todos os sectores subalternos da Humanidade estamos afectados de xeito directo. Reprodúcense os modelos de brutalidade contra terras e xente como na colonización de América dende 1492, agora en todo o mundo, si cabe, de xeito nunca antes tan agresivo, masivo e estendido.

 

Vivan os Pobos Indíxenas en loita!

Viva a dignidade rebelde!

A Ría Non Se Vende-Galiza Non Se Vende.

Terra viva e vida digna para tod+s.

 

Organiza:

A Ría Non Se Vende.

Colectivo Berra!

Mais info en:

Encuentro de Pueblos Indígenas de América.

Colabora:

Fuga Em Rede (Colectivo Galego de Acción Global)

 

 

O seguinte poema Nahua está tomado do manuscrito indíxena de 1528, describe con un dramatismo extraordinario cal era a situación dos sitiados durante o asedio de México-Tenochtitlan. Aparece no capitulo XV “Cantos tristes de la conquista” do libro Visión de los vencidos de Miguel León-Portilla.

 

Los últimos días del sitio de Tenochtitlan

 

Y todo esto pasó con nosotros.

Nosotros lo vimos,

nosotros lo admiramos.

Con esta lamentosa y triste suerte

nos vimos angustiados.

 

En los caminos yacen dardos rotos,

los cabellos están esparcidos.

Destechadas están las casas,

enrojecidos tienen sus muros.

 

Gusanos pululan por calles y plazas,

y en las paredes están salpicados los sesos.

Rojas están las aguas, están como teñidas,

y cuando las bebimos,

es como si bebiéramos agua de salitre.

 

Golpeábamos, en tanto, los muros de adobe,

y era nuestra herencia una red de agujeros.

Con los escudos fue su resguardo,

pero ni con escudos puede ser sostenida su soledad.

 

Hemos comido palos de colorín,

hemos masticado grama salitrosa,

piedras de adobe, lagartijas,

ratones, tierra en polvo, gusanos…

 

Comimos la carne apenas,

sobre el fuego estaba puesta.

Cuando estaba cocida la carne,

de allí la arrebataban,

en el fuego mismo, la comían.

 

Se nos puso precio.

Precio del joven, del sacerdote,

del niño y de la doncella.

 

Basta: de un pobre era el precio

sólo dos puñados de maíz,

sólo diez tortas de mosco;

sólo era nuestro precio

veinte torta de grama salitrosa.

 

Oro, jades, mantas ricas,

plumajes de quetzal,

todo eso que es precioso,

en nada fue estimado…*

 

*Ms. Anónimo de Tlatelolco (1528). (Biblioteca Nacional de París)

 

posted by O GarcíaMarO García on 5


GALIZA NON SE VENDE!

 

O día 15 de Febreiro saímos a rúa pola defensa da terra e do territorio. Porke vemos perfectamente como a clase política deste país goberna para o grande capital e non manda obedecendo as xustas demandas, dos veciños e veciñas das aldeas, das vilas e dos barrios.

A outra democracia, a directa, a real, a de base, a participativa, está akí e agora, exercémola en cada momento das nosas vidas, en cada asemblea, en cada loita. A súa suposta democracia exclúenos, non nos toma en conta, levan adiante os seus plans de negocio e privatización neoliberais sen miramentos. Ninguén pode mandar en nós nin impoñernos os seus sucios negocios pola forza, para explotarnos, desaloxándonos e desarraigándonos, desprezándonos, reprimíndonos.

Agora e o momento de comezar a construír autonomamente en movemento “outra cousa” porke sen territorio non hai vida, non hai nada. Tamén e o momento de destruír, destruír este sistema ke non nos vale, ke nos humilla, destruír-construíndo. Por iso keremos “outra cousa” mellor, ke é nada mais nin nada menos ke un arco da vella de moitas cores, de tódalas cores. Iso e o ke keremos.

Nós como Fuga Em Rede desde as nosas loitas locais fomos a coñecer aos outros nosoutros, nesta páxina web difúndense a diario outras loitas globais anticapitalistas, para ke nos coñezamos entre nós, os todos e as todas ke somos. Seguimos neso, en Galiza e cos nosos irmáns e as nosas irmás de diferentes cores de polo mundo todo.

Pola defensa do territorio, con dignidade, abaixo e a eskerda.

Goberne ken goberne: Galiza Non Se Vende!!

Fuga Em Rede.

11 de Febreiro de 2009.


Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries