posted by O GarcíaOutO García on 25

WIRIKUTA.

 

Abrimos as portas

e logo de pedir permiso

e ofrendar con flores,

galletas, augardente e canto

comezamos a procura

da cornamenta luminosa

de Watemukame.

 

Xa se discernía

o novo ciclo-mundo,

á sombra do huizache,

baixo a atenta mirada

de todo o sagrado lugar.

 

A intelixencia do Universo

a propiciar revelacións durmido,

e alí estabas con toda a plenitude árida

para sanarme, para limparme

leváchesme en peregrinación

ao país de Wirikuta.

 

Deixando a codia

para ir ó miolo

no centro da nada

na plenitude

de todo.

 

O García “Espalda Kemada”

Febreiro, 2012.

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries