posted by O GarcíaOutO García on 20

*(Octavio Paz escribiu hai moitos anos

unha frase que me ía servindo de bandeira,

entre a negra e a vermella: “La revolución

que viene es la fiesta, el principio del principio

que regresa”. Pero agora creo que xa non lle

interesa o pincipio dese regreso. E

podo pervertirlle a súa frase: “A Revolución

que ven é a de Chiapas, as víctimas maias

do principio que se rebelan, regresando a

un futuro desexado…” Todos somos Marcos!

Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que

 nos foi prohibido!…)

 

IX

(Amor e sangue en Chiapas)

Ando á procura dunha ollada súa

que me confirme a fe que teño nela

e avanzo a cegas coa maior firmeza

noutra rebelión xusta que interna

nunha urxente esixencia de certezas

para este corazón rebelde e zapatista

obrigado a loitar polo evidente

cunha serea furia

antiga e sabia

 

Desde o amor que resiste ó que o reprime

con ela por compaña como antes

ou eu só ben armado de nostalxias

deixareime invadir de sangue maia

para que retorne á súa propia terra

ou consiga vivir outras mil vidas

en loita contra o mundo

se é preciso

crebándolle o pescozo e desviando

á historia do seu curso

xunto coas mesmas víctimas

de sempre.

                                         xullo, 95

(Lois Pereiro “Luz e sombras de amor resucitado” do libro Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995)

*Respectase a estrutura orixinal do poema aínda ke non coincida coa estrutura da musicación do mesmo. Anexase ademais a transcrición da voz do propio Lois Pereiro que aparece no tema.

Voz falada:

“…e que eu que me movía entre as bandeiras vermellas e as negras, significaba un punto de equilibrio, esa fermosa revolta utópica e con tanto futuro como a de Chiapas… mesturando a miña propia postura ante a vida, o meu propio amor pola vida e polas persoas, cun xeito que me parecía dos máis dignos para intentar cambiar as cousas”.

 

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries