posted by O GarcíaOutO García on 4

Rap 1:

Sabes ke soñamos espertos e de pé / a miña xente está abaixo e nela teño fe / tómate un té ou tómalle un café / escoita a poesía insurxente ke se desprende, en conversas do cotiá, haaaaaa, sabedoría popular / sodes faro, sodes intelixencia sen estudar / sinto o desprezo ke por séculos se está a pousar enriba de nós / e eu creo en vós / mecagho na tos-ferina / a música é a miña medicina neste clima gris de mentes grises resignadas ke contaminan o humano do humano / por eso eu creo en vós: humanistas de a pé! / sodes esperanza rebelándose / enchendo de solaz o ambiente / eu creo en vós, eu creo en xente coma Xosé Reigosa, defensor da Ría nosa.

Scratches:

(A Ría Non Se Vende / Salvemos Monteferro)

Rap 1 (2ª Parte):

E dígocho en verso ou en prosa / parte do meu Pobo está na foxa común / e na escola ocultáronnos a historia, a nosa historia / a historia dos vencidos / e camiñamos sen memoria? E temos autofobia? / E a historia oficial está orgullosa de ke nos domesticou / pero eu digo ke non / Sodes fonte de vida! / Mulleres rebeldes conkistando dereitos / Mulleres, homes e outros amores / ke estades cansas de padecer tantas e tantas dores. / E tantas dores.

Retrouso:

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé, como é?

Estades abaixo e de pé (sabes ke soñamos espertos e de pé)

Estamos abaixo e de pé (a miña xente está abaixo e nela teño fe)

Estamos de pé (ou ke?)

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé!

Rap 2:

Como a nai de Xosé Tarrio, Pastora, muller grande e loitadora / contra as mazmorras dun estado ke tortura como na ditadura / e tanta, e tanta xente anónima / á ke nunca lle porán unha estatua nin unha escultura / para os ke están aí arriba somos basura / números, escoria, masa muda / pero o ritmo e a poesía é unha bomba ke esboura na túa cara / como bala perdida de mara en Ciudad de Guatemala / Tegucigalpa resiste!, como Managua / San Salvador, Hip Hop, pai e creador / de mundos novos de color para a xente ke está somerxida na dor da miseria, creada polo capital / por eso o Rap rebelde está en todas partes, en Taiwan e Senegal / este son é crudo e duro como obreiros do metal / esto vai rematar mal, con bancos ardendo en cada capital / soñamos espertos e de pé, con un mundo no ke non nos mande ninguén / ke non sexamos nós, como zapatistas en ejidos ocupados, recuperados aos latifundios / autónomos! / como a toma de Illa Zapatera en Nicaragua / nunha embarcación rebordante de labregos sandinistas / e máis Antón Iglesias de Noia supurando dignidade e loita / xente ke fai falla e moita / nesta IV Guerra Mundial, como os Monchos ke no mundo foron, son e serán / sodes esperanza rebelándose / enchendo de solaz o ambiente / sabes ke soñamos espertos e de pé / a miña xente está abaixo e nela teño fe, abofé, sempre!

Scratches:

(…)

Retrouso:

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé, como é?

Estades abaixo e de pé (sabes ke soñamos espertos e de pé)

Estamos abaixo e de pé (a miña xente está abaixo e nela teño fe)

Estamos de pé (ou ke?)

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé.

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries