Archive for Outubro, 2012

posted by O GarcíaOutO García on 25

WIRIKUTA.

 

Abrimos as portas

e logo de pedir permiso

e ofrendar con flores,

galletas, augardente e canto

comezamos a procura

da cornamenta luminosa

de Watemukame.

 

Xa se discernía

o novo ciclo-mundo,

á sombra do huizache,

baixo a atenta mirada

de todo o sagrado lugar.

 

A intelixencia do Universo

a propiciar revelacións durmido,

e alí estabas con toda a plenitude árida

para sanarme, para limparme

leváchesme en peregrinación

ao país de Wirikuta.

 

Deixando a codia

para ir ó miolo

no centro da nada

na plenitude

de todo.

 

O García “Espalda Kemada”

Febreiro, 2012.

posted by O GarcíaOutO García on 25

Intro salsa (o texto está lixeiramente modificado respecto a voz falada do Subcomandante Marcos en Rúa Arriba):

El dolor de nuestros pueblos / ha sido nombrado por quienes lo padecen / desde hace más de 500 años / el despojo y robo de tierras y recursos naturales / para llegar a donde mandara el dinero / los de arriba ganaran / y nosotros los colores que somos de la tierra, perdiéramos, perdiéramos.

Retrousos: 

(Están transcritos en Rúa Arriba)

Rapeos:

(Ver a transcrición en Rúa Arriba o único engadido é o seguinte:

…E se agora vos sentides fortes, sigamos camiñando.)

Voces salsa:

Y los colores se van para donde manda el dinero…

(Repitese)

posted by O GarcíaOutO García on 20

*(Octavio Paz escribiu hai moitos anos

unha frase que me ía servindo de bandeira,

entre a negra e a vermella: “La revolución

que viene es la fiesta, el principio del principio

que regresa”. Pero agora creo que xa non lle

interesa o pincipio dese regreso. E

podo pervertirlle a súa frase: “A Revolución

que ven é a de Chiapas, as víctimas maias

do principio que se rebelan, regresando a

un futuro desexado…” Todos somos Marcos!

Todos EZLN, nas selvas Lacandonas do que

 nos foi prohibido!…)

 

IX

(Amor e sangue en Chiapas)

Ando á procura dunha ollada súa

que me confirme a fe que teño nela

e avanzo a cegas coa maior firmeza

noutra rebelión xusta que interna

nunha urxente esixencia de certezas

para este corazón rebelde e zapatista

obrigado a loitar polo evidente

cunha serea furia

antiga e sabia

 

Desde o amor que resiste ó que o reprime

con ela por compaña como antes

ou eu só ben armado de nostalxias

deixareime invadir de sangue maia

para que retorne á súa propia terra

ou consiga vivir outras mil vidas

en loita contra o mundo

se é preciso

crebándolle o pescozo e desviando

á historia do seu curso

xunto coas mesmas víctimas

de sempre.

                                         xullo, 95

(Lois Pereiro “Luz e sombras de amor resucitado” do libro Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995)

*Respectase a estrutura orixinal do poema aínda ke non coincida coa estrutura da musicación do mesmo. Anexase ademais a transcrición da voz do propio Lois Pereiro que aparece no tema.

Voz falada:

“…e que eu que me movía entre as bandeiras vermellas e as negras, significaba un punto de equilibrio, esa fermosa revolta utópica e con tanto futuro como a de Chiapas… mesturando a miña propia postura ante a vida, o meu propio amor pola vida e polas persoas, cun xeito que me parecía dos máis dignos para intentar cambiar as cousas”.

 

posted by O GarcíaOutO García on 9

Rapeo García:

Somos a factoría do outro sonido, “ke chido!” Ei Mou dispárame un pepino! / Croma e Mourón Rapapoulo Produccións / Chegamos, gravamos, nos adentramos nos corazóns e nos cerebros dos humanos / Estate atenta, estate atento, estate alerta, permanece alerta á lingua sempre esperta. O oficio da palabra sagrada akí en San Cristobal de las Casas ou en La Habana / Dillo ti, mi pana. “Buscamos el nirvana”. Oradores nocturnos, rabudos, activistas musicais aplicando temáticas político-sociais contra grandes empresas internacionais / ke moven un dedo e moven un estado, en México, en Galiza ou en calkera lado / por eso estamos coa loita dos pobos de abaixo e á eskerda, pola nai Terra a nai natureza / ke no te dé flojera! Non teñas preguiza! / Lengualerta, Espalda Kemada, ouvido atento, a corazón aberto, así ke xa sabes, sempre espertos!

Retrouso:

Mantente en alerta permanente, ante un sistema intransixente porke só os peixes mortos seguen a corrente (seguen a corrente).

(bis)

Rapeo Lengualerta:

Ya sea en México o en Galiza lo gritamos fuerte / la tierra no se vende! A terra non se vende / Con música y lírica consciente se defiende y por ende nuestro contratake es más potente / Que no le digan, que no le cuenten, que no especulen, que sólo mienten, mienten, mienten / Tiemblen multinacionales criminales, tiemblen, porque para estos Mcs no son rivales / Llegaron los que confeccionan verso a subverso, los que con las palabras trazan caminos alternos/ hacia adentro, no te olvides de buscar adentro la fortaleza para dar tu máximo esfuerzo porque/ en esta era que gobierna el dios dinero estar despierto es necesario y bien plantados en el suelo/porque el ritmo puede más que su armamento, porque este sonido es sólido y tiene sustento (tiene sustento).

Retrouso:

Mantente en alerta permanente, ante un sistema intransixente porke só os peixes mortos seguen a corrente (seguen a corrente).

(bis)

Voces adicionais e scratches vogais:

A Terra non se vende, se cultiva e se defende, se cultiva e se defende!

(Bis)

A Terra non se vende, el ritmo puede más que su armameto, más que su armamento…

Lengualerta, García Mc, Gende Beat,  facendo uso da palabra, in xochitl in cuicatl, como é?, el otro sonido está por todos lados escuchalo, está por todos lados o outro son, en náhuatl, en galego…

 

posted by O GarcíaOutO García on 4

Rap 1:

Sabes ke soñamos espertos e de pé / a miña xente está abaixo e nela teño fe / tómate un té ou tómalle un café / escoita a poesía insurxente ke se desprende, en conversas do cotiá, haaaaaa, sabedoría popular / sodes faro, sodes intelixencia sen estudar / sinto o desprezo ke por séculos se está a pousar enriba de nós / e eu creo en vós / mecagho na tos-ferina / a música é a miña medicina neste clima gris de mentes grises resignadas ke contaminan o humano do humano / por eso eu creo en vós: humanistas de a pé! / sodes esperanza rebelándose / enchendo de solaz o ambiente / eu creo en vós, eu creo en xente coma Xosé Reigosa, defensor da Ría nosa.

Scratches:

(A Ría Non Se Vende / Salvemos Monteferro)

Rap 1 (2ª Parte):

E dígocho en verso ou en prosa / parte do meu Pobo está na foxa común / e na escola ocultáronnos a historia, a nosa historia / a historia dos vencidos / e camiñamos sen memoria? E temos autofobia? / E a historia oficial está orgullosa de ke nos domesticou / pero eu digo ke non / Sodes fonte de vida! / Mulleres rebeldes conkistando dereitos / Mulleres, homes e outros amores / ke estades cansas de padecer tantas e tantas dores. / E tantas dores.

Retrouso:

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé, como é?

Estades abaixo e de pé (sabes ke soñamos espertos e de pé)

Estamos abaixo e de pé (a miña xente está abaixo e nela teño fe)

Estamos de pé (ou ke?)

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé!

Rap 2:

Como a nai de Xosé Tarrio, Pastora, muller grande e loitadora / contra as mazmorras dun estado ke tortura como na ditadura / e tanta, e tanta xente anónima / á ke nunca lle porán unha estatua nin unha escultura / para os ke están aí arriba somos basura / números, escoria, masa muda / pero o ritmo e a poesía é unha bomba ke esboura na túa cara / como bala perdida de mara en Ciudad de Guatemala / Tegucigalpa resiste!, como Managua / San Salvador, Hip Hop, pai e creador / de mundos novos de color para a xente ke está somerxida na dor da miseria, creada polo capital / por eso o Rap rebelde está en todas partes, en Taiwan e Senegal / este son é crudo e duro como obreiros do metal / esto vai rematar mal, con bancos ardendo en cada capital / soñamos espertos e de pé, con un mundo no ke non nos mande ninguén / ke non sexamos nós, como zapatistas en ejidos ocupados, recuperados aos latifundios / autónomos! / como a toma de Illa Zapatera en Nicaragua / nunha embarcación rebordante de labregos sandinistas / e máis Antón Iglesias de Noia supurando dignidade e loita / xente ke fai falla e moita / nesta IV Guerra Mundial, como os Monchos ke no mundo foron, son e serán / sodes esperanza rebelándose / enchendo de solaz o ambiente / sabes ke soñamos espertos e de pé / a miña xente está abaixo e nela teño fe, abofé, sempre!

Scratches:

(…)

Retrouso:

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé, como é?

Estades abaixo e de pé (sabes ke soñamos espertos e de pé)

Estamos abaixo e de pé (a miña xente está abaixo e nela teño fe)

Estamos de pé (ou ke?)

Estades abaixo e de pé / estamos abaixo e de pé / estamos de pé.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries