posted by O GarcíaAbrO García on 19

 

Comunicado elaborado con motivo da acción de Labregos do Tempo dos Sputniks nun Ciclo na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura e os porqués:

 

LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS REALIZAMOS UNHA EXPROPIACIÓN ECONÓMICA HOXE Á FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA.

Quen forma a Fundación Cidade da Cultura?

Pois está gobernada por un padroado composto da seguinte maneira:

Presidente de Honra.

Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

Presidente do Padroado.

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad

Vicepresidenta.

Conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz

Vogal.

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández de Rojas

Secretario.

Secretario Xeral da  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén Barcala

E ademáis polas seguintes persoas.

Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez

Alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Conde Roa

Director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

Directora xeral de Comunicación, Mar Sánchez Sierra.

Secretaria xeral para o Turismo, María del Carmen Pardo López.

Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero.

Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, María Socorro Martín Hierro.

Director Xeral de Política Financeira e Tesouro, Manuel Galdo Pérez.

Representante de Novagaliciabanco.

Representante de Telefónica, S.A.

Ademais existe outro Padroado denominado Fundación Gaiás ou “Patróns” textualmente. E xunto cos gobernantes da Cidade da Cultura din que apostan decididamente pola cultura en Galicia como eixe de cohesión social así como o fomento do progreso sostible da sociedade galega… vexamos quen son:

Novagalicia Banco

INDITEX

INVERAVENTE

Gas Natural-Fenosa

Fundación Barrié

Banco Gallego

Coren

Campo

Gadis

Grupo Nosa Terra 21

Astilleros Barreras Vigo

Estrella Galicia

R

Monbus

Porque Labregos do Tempo dos Sputniks actúamos hoxe na Cidade da Cultura no Ciclo Galicia, Ceo das Letras 2012 e para que?

Por unha banda nós gustamos de participar en actos que difunden a obra de Celso Emilio Ferreiro, porque o admiramos  e porque é un dos nosos principais poetas nacionais, ademais porque nos da nome neste proxecto cun dos seus versos e habitualmente musicamos a súa poesía. Pero por outra hai unha contradición clara en canto ao espazo no que se realiza o acto que para nós resúmese nos seguintes puntos:

  • A cidade da Cultura é un mausoleo do recentemente falecido Manuel Fraga Iribarne, un macropanteón do ex ministro franquista e presidente da Xunta de Galicia, tentando así deixar un gran legado que obviamente se lle foi das mans… un panteón faraónico que soterra boa parte do presuposto público nun lugar afastado da poboación e das necesidades básicas a nivel cultural. Púxose en marcha coa construción inacabada deste complexo un auténtico espolio de fondos públicos (máis de 400 millóns de euros ate o de agora) en beneficio de uns poucos e en detrimento de unha auténtica activación da programación cultural nas aldeas, nas vilas e nos barrios onde a cultura está viva e faltan medios e propostas. Este lugar está xa a hipotecarnos. Un proxecto sofisticado e luxoso que forma parte así mesmo da depredación do territorio, ao que desgraciadamente xa estamos moi acostumados (o Monte Gaiás) pois sempre se realizan en nome do progreso.

 

  • Ademais quen goberna a Cidade da Cultura está apostando por unha actitude claramente hostil cara a nosa lingua e cara a nosa Cultura en xeral, como se de unha especie de apartheid cultural se tratase ou dunha broma macabra levada a cabo por persoas con actitudes reaccionarias que censuran, reprimen e recortan todo o que teña que ver coa cultura galega, libre e de base. Nós facemos música dende o Pobo e para o Pobo e decidimos como estratexia reapropiarnos do público, dada a exclusión a quee moitos artistas, educadores e programadores nos vemos sistematicamente sometidos. Son cartos de todos e todas. Hoxe estivemos aquí sabendo que non é o habitual, non é o común que xente coma nós participe nestes ciclos e espazos. Temos que dicir tamén que houbo xente que traballa neste lugar que nos tratou ben, con respecto e estamos agradecidos neste caso polo trato recibido por parte de xente traballadora e de boa fe. Fixemos o noso traballo o mellor que sabemos e respectamos ao público, sen embargo non podemos ser partícipes neste caso por omisión da coitelada que están a padecer as xentes do común, tódolos sectores subalternos da sociedade que temos que padecer o saqueo constante dos nosos recursos para un uso pintado de Cultural e que non é máis que centralista e elitista.

 

  • Polo tanto cedemos a cantidade de 1000 € a un proxecto social e autónomo, neste caso educativo e transformador, e que traballa a prol da lingua galega: A escola de ensino galego SEMENTE. Un proxecto da Gentalha do Pichel,  eles e elas saben moi ben do que falamos pois lonxe de seren apoiados proxectos deste tipo son a cada paso perseguidos.

O dito, saúde! e forza!

Que viva a Cultura Libre nas aldeas, nas vilas e nos barrios!

Labregos do Tempo dos Sputniks. 14 de Abril de 2012. Compostela.

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries