posted by O GarcíaMarO García on 16

Cando miredes a Ría de Vigo e vexades un monte no alto de Nigrán ke non está completamente urbanizado sabede ke se chama Monteferro. Sabede ke está vivo porke o colectivo “Salvemos Monteferro” protexeuno con Xosé Reigosa á fronte. Sabede que o Xosé foi unha peza irrepetible neste rompecabezas que chamamos Rede Galiza Non Se Vende, pois propiciou e sustentou a mesma como poucos ou se cadra como ninguén. Era tremendamente especial a nivel de representar a dignidade rebelde ke nos move. Sabede ke este compañeiro era un dos imprescindibles (aínda ke a el non lle gustaría esta definición). Síntoo Xosé, pero si, ti eras, es e serás un deses. O seguinte texto é unha carta en voz alta desde o persoal, non podo escribir desde a distancia, desde a frialdade, non podo. Van pois apenas unhas liñas a un grandísimo amigo, a un compañeiro de loita social, a alguén ke coñecín relativamente tarde mais nestes poucos anos compartimos moitos momentos moi intensos de fraternidade, un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito.

A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) de Serxio Regos “O García”.

Xosé, compa. Onte chegoume a noticia… agora sinto unha dor infinita porke es unha das persoas ke máis kero e respeto no mundo e, cústame pensar ke xa non poderemos desfrutar da túa presenza física. Cústame moito.

Estou saíndo no tren cara a túa Ría, a nosa, a dos compas, a ke non está a venda, ese espazo común de terra, xente e sal ke moldeaches con agarimo no facer. Vou mirar as Cíes, vou cara a Ría, a ke non se vende e tódolos carroñeros keren facer negocio con ela, como con todos e cada un dos espazos naturais da Terra, a ke pertencemos.

Porke sabemos ke son chulos, chulos do territorio e exercen como tal, nunca se sacian, pero para definilos nada mellor ke a túa sinxeleza e humor, como saído dun western, no medio dunha frase desas túas interminables e con voz susurrante : “…os malos”.

Vou no tren lento, penso ke nunca foi tan lento, cara a Ría a xunto ós teus, a xunto ós compas, para estar ó teu carón e falarche, teño tanto ke dicirche… e sobre todo tanto ke escoitarte pois desde ke te coñezo non deixei de aprender meu. Pra min es como a encarnación da esperanza, tronzas as barreiras xeracionais coa túa proximidade.

Vou no tren, para estar a túa beira, neste tren ke debera ser realmente do común e non como a alta velocidade elitista que tanto cuestionaches e asegúroche cuestionaremos, por formar parte de unha estratexia depredadora do territorio, ke só lle interesa ao capitalismo salvaxe, xa sabes nós somos pasmós-peatós e non hai máis.

Vou ao teu carón parece ser ke a despedírmonos de ti… pero eu kero escoitarte máis, ke me fales do decrecemento, dende o neolítico! Como acostumas a facer… cóntame si,  porke o teu libro sobre o tema xa debe estar bastante encamiñado, ou ke? É cando máis precisamos dos teus coñecementos, da túa lucidez, da túa paciencia, da túa calma e da túa digna rabia cando hai ke tela. Agora é cando máis precisamos do teu humor, nestes tempos ke corren, fálame do decrecemento unha vez máis… da biodiversidade da Ría, transmíteme o teu AMOR con maiúsculas pola Terra. Veña Xosé ke eu comprométome a transmitirllo aos demais como poida. Dime.

Ah! E cántame a de “Al vent” e a de “se non tedes sachos traémolos nós…” ke aínda imos conversar dun par de temas un ratiño máis… ke digo un ratiño máis si sempre nos pasa o mesmo e remata por iluminarnos a raiola do amencer…

Xosé, eu noméote: Xosé Monteferro, noméote e vives, nomeámoste e pensámoste e estás akí con nós por iso non falo en pasado, porke negámonos a perderte. Todo o ke construímos é indestrutible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós, e nos montes e na Ría, e en cada loita antisistema como a ti che gusta dicir, non antisistémica como sempre che digo eu… E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sistemas, e a nós, o ke non nos gusta é este e imos construír outro mellor…”

 

Quien nombra llama.
Y alguien acude, sin cita previa, sin explicaciones, al lugar donde su nombre, dicho o pensado, lo está llamando.
Cuando eso ocurre, uno tiene el derecho de creer que nadie se va del todo
mientras no muera la palabra que llamando, llameando, lo trae.

Eduardo Galeano.
“Ventana sobre la Memoria”, en Las Palabras Andantes. Ed. Siglo XXI.

 

 

Días despois do seu pasamento celebrouse unha homenaxe en Monteferro e botáronse as súas cinzas ao mar ke tanto coidou  (e ke agora coida del) desde o monte ke tanto protexeu (e ke agora o protexe).

 

Xosé, pasou unha semana e algo da túa despedida e agora estou en Monteferro. Está isto ateigado de xente! E hoxe non sinto dor, sinto alegría, orgullo, e non son o único, escoitáronse akí moitas emocións de boca de xente moi diversa en idades, de diferentes lugares, de diferentes colectivos, da túa familia e amigos… E sentín ke andabas por akí entre a xente fumándolle un cigarro coa túa presenza inevitablemente agarimosa, de paz.

Unha homenaxe do pobo humilde e sinxelo como te mereces, uníndonos unha vez máis a tod*s entorno á terra, como acostumabas facer. Poesía, palabras, colectividade, natureza, xantar popular… Información rigorosa sobre a situación ambiental actual de Monteferro e todo o Val Miñor da man do teu irmán, asemblea, acción na rúa, música…

Estás xa na memoria colectiva, burlaches a morte! Como fixeches!?

O amor polas persoas, pola Terra, pola vida, sempre situado abaixo e de pé. Canto nos deches meu, canto, canto. Sempre con alegría, de arriba pra baixo, caravanas de concertos, conversas mil, asembleas a eito, manifestacións, notas de prensa, redacción e sobre todo sintetización de manifestos… sempre sumando. Sen alentar. Un espírito libertario, nada dogmático, xa che vén de familia: Ricardo Mella, Urania Mella… O teu compromiso admira a ken o mira meu, es xustamente todo o contrario á covardía.

Téñolle escoitado aos indíxenas de Chiapas unha definición das persoas especialmente respectadas pola comunidade por seren defensoras do Colectivo, da Cultura e do máis importante de todo, a terra e o territorio no seu conxunto. A Nai Natureza na ke se sustentan os Pobos, pois sen Terra viva non hai vida digna, non hai nada… “Los Guardianes” din, os ke garanten a protección do espazo territorial, “hasta morir si es preciso” din. Unha definición ke me ten chamado moito a atención e xa o teño falado contigo Xosé porke pra min es “O Gardián da Ría” e por extensión un Gardián, un guerreiro, ke ofrendaches o mellor de ti polo ben común, un bo e xeneroso como xa dixeron máis compas. O noso Xosé, gardando a biodiversidade da Ría xa desde os ollos de Monteferro. Gardando a Ría, como nós te gardamos a ti pois xa non te podes ir. Conseguíchelo, permaneces. Transmítesnos toda a forza para seguir defendendo o ke é de todos e todas. Hai un compromiso, unha débeda pois, de defensa da xustiza e da liberdade ke alimentaches e ke non se pasará por alto, asegúrocho.

Saúde e Terra camarada! E unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asembleas, e do xantar e… akí estamos, no crepúsculo, ti máis eu felices coma nenos, conspirando por algo mellor, xunto aos todos e todas ke somos… compa! seguimos!

Xosé, vives!
A loita sigue!

Goberne ken goberne, Monteferro non se vende!
Goberne ken goberne, A Ría non se vende!
Goberne ken goberne Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod*s.

 

Referencias do Xosé:

Video Xosé falando en Massó (Cangas)

Video Xosé falando en Vigo.

 

Referencias póstumas recompiladas:

Homenaxe a Xosé – Video Galiza Contrainfo
Galiza Non se Vende I
Galiza Non se Vende II
Envolventes as Palabras
Fotos Galiza Contrainfo

 

Este texto foi publicado no Dioivo (Medio de comunicación cooperativo en galego) na sección de Obituarios neste Marzal de 2012: www.dioivo.eu/obituarios

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries