posted by O GarcíaSetO García on 26

Soño de náufrago.

Esperta!

Afúndese o barco,

náufrago, veste nunha illa deserta chea de peña

golpeado, medio afogado

érgueste como podes, camiñas.

E a pesar da dor, golpeado, camiñas

e  logo corres pola illa deserta

chea de peña, corres desesperadamente

e sobes ao punto mais alto

e despeñaste,

pra volver a caer no mar

e así espertar de verdade…

Téntante afogar.

Non hai verdade

rebuleste, saes como podes

cara a superficie

agora podes ver a cara desas vítimas

ke son os teus verdugos.

Espertas (supostamente) unha vez mais

-Marcho de akí.

Voume vivir a unha illa deserta… sen xente-

Xente,

xente cara un mesmo lugar.

Xente abraiada polo solpor (oxalá)

Persoas

persoas-natureza

seres humanos-eu

natureza-eu

nesa maldita illa deserta, chea de peña.

O García.

Os comentarios están pechados.

Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries