posted by O GarcíaAbrO García on 19

 

Comunicado elaborado con motivo da acción de Labregos do Tempo dos Sputniks nun Ciclo na Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura e os porqués:

 

LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS REALIZAMOS UNHA EXPROPIACIÓN ECONÓMICA HOXE Á FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA.

Quen forma a Fundación Cidade da Cultura?

Pois está gobernada por un padroado composto da seguinte maneira:

Presidente de Honra.

Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

Presidente do Padroado.

Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad

Vicepresidenta.

Conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz

Vogal.

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández de Rojas

Secretario.

Secretario Xeral da  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén Barcala

E ademáis polas seguintes persoas.

Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez

Alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Conde Roa

Director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

Directora xeral de Comunicación, Mar Sánchez Sierra.

Secretaria xeral para o Turismo, María del Carmen Pardo López.

Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fernández Fasero.

Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, María Socorro Martín Hierro.

Director Xeral de Política Financeira e Tesouro, Manuel Galdo Pérez.

Representante de Novagaliciabanco.

Representante de Telefónica, S.A.

Ademais existe outro Padroado denominado Fundación Gaiás ou “Patróns” textualmente. E xunto cos gobernantes da Cidade da Cultura din que apostan decididamente pola cultura en Galicia como eixe de cohesión social así como o fomento do progreso sostible da sociedade galega… vexamos quen son:

Novagalicia Banco

INDITEX

INVERAVENTE

Gas Natural-Fenosa

Fundación Barrié

Banco Gallego

Coren

Campo

Gadis

Grupo Nosa Terra 21

Astilleros Barreras Vigo

Estrella Galicia

R

Monbus

Porque Labregos do Tempo dos Sputniks actúamos hoxe na Cidade da Cultura no Ciclo Galicia, Ceo das Letras 2012 e para que?

Por unha banda nós gustamos de participar en actos que difunden a obra de Celso Emilio Ferreiro, porque o admiramos  e porque é un dos nosos principais poetas nacionais, ademais porque nos da nome neste proxecto cun dos seus versos e habitualmente musicamos a súa poesía. Pero por outra hai unha contradición clara en canto ao espazo no que se realiza o acto que para nós resúmese nos seguintes puntos:

  • A cidade da Cultura é un mausoleo do recentemente falecido Manuel Fraga Iribarne, un macropanteón do ex ministro franquista e presidente da Xunta de Galicia, tentando así deixar un gran legado que obviamente se lle foi das mans… un panteón faraónico que soterra boa parte do presuposto público nun lugar afastado da poboación e das necesidades básicas a nivel cultural. Púxose en marcha coa construción inacabada deste complexo un auténtico espolio de fondos públicos (máis de 400 millóns de euros ate o de agora) en beneficio de uns poucos e en detrimento de unha auténtica activación da programación cultural nas aldeas, nas vilas e nos barrios onde a cultura está viva e faltan medios e propostas. Este lugar está xa a hipotecarnos. Un proxecto sofisticado e luxoso que forma parte así mesmo da depredación do territorio, ao que desgraciadamente xa estamos moi acostumados (o Monte Gaiás) pois sempre se realizan en nome do progreso.

 

  • Ademais quen goberna a Cidade da Cultura está apostando por unha actitude claramente hostil cara a nosa lingua e cara a nosa Cultura en xeral, como se de unha especie de apartheid cultural se tratase ou dunha broma macabra levada a cabo por persoas con actitudes reaccionarias que censuran, reprimen e recortan todo o que teña que ver coa cultura galega, libre e de base. Nós facemos música dende o Pobo e para o Pobo e decidimos como estratexia reapropiarnos do público, dada a exclusión a quee moitos artistas, educadores e programadores nos vemos sistematicamente sometidos. Son cartos de todos e todas. Hoxe estivemos aquí sabendo que non é o habitual, non é o común que xente coma nós participe nestes ciclos e espazos. Temos que dicir tamén que houbo xente que traballa neste lugar que nos tratou ben, con respecto e estamos agradecidos neste caso polo trato recibido por parte de xente traballadora e de boa fe. Fixemos o noso traballo o mellor que sabemos e respectamos ao público, sen embargo non podemos ser partícipes neste caso por omisión da coitelada que están a padecer as xentes do común, tódolos sectores subalternos da sociedade que temos que padecer o saqueo constante dos nosos recursos para un uso pintado de Cultural e que non é máis que centralista e elitista.

 

  • Polo tanto cedemos a cantidade de 1000 € a un proxecto social e autónomo, neste caso educativo e transformador, e que traballa a prol da lingua galega: A escola de ensino galego SEMENTE. Un proxecto da Gentalha do Pichel,  eles e elas saben moi ben do que falamos pois lonxe de seren apoiados proxectos deste tipo son a cada paso perseguidos.

O dito, saúde! e forza!

Que viva a Cultura Libre nas aldeas, nas vilas e nos barrios!

Labregos do Tempo dos Sputniks. 14 de Abril de 2012. Compostela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 16

Cando miredes a Ría de Vigo e vexades un monte no alto de Nigrán ke non está completamente urbanizado sabede ke se chama Monteferro. Sabede ke está vivo porke o colectivo “Salvemos Monteferro” protexeuno con Xosé Reigosa á fronte. Sabede que o Xosé foi unha peza irrepetible neste rompecabezas que chamamos Rede Galiza Non Se Vende, pois propiciou e sustentou a mesma como poucos ou se cadra como ninguén. Era tremendamente especial a nivel de representar a dignidade rebelde ke nos move. Sabede ke este compañeiro era un dos imprescindibles (aínda ke a el non lle gustaría esta definición). Síntoo Xosé, pero si, ti eras, es e serás un deses. O seguinte texto é unha carta en voz alta desde o persoal, non podo escribir desde a distancia, desde a frialdade, non podo. Van pois apenas unhas liñas a un grandísimo amigo, a un compañeiro de loita social, a alguén ke coñecín relativamente tarde mais nestes poucos anos compartimos moitos momentos moi intensos de fraternidade, un home humilde e sinxelo, enorme en esencia, humano ata o infinito.

A Xosé Manuel Reigosa Solleiro (Xosé Monteferro) de Serxio Regos “O García”.

Xosé, compa. Onte chegoume a noticia… agora sinto unha dor infinita porke es unha das persoas ke máis kero e respeto no mundo e, cústame pensar ke xa non poderemos desfrutar da túa presenza física. Cústame moito.

Estou saíndo no tren cara a túa Ría, a nosa, a dos compas, a ke non está a venda, ese espazo común de terra, xente e sal ke moldeaches con agarimo no facer. Vou mirar as Cíes, vou cara a Ría, a ke non se vende e tódolos carroñeros keren facer negocio con ela, como con todos e cada un dos espazos naturais da Terra, a ke pertencemos.

Porke sabemos ke son chulos, chulos do territorio e exercen como tal, nunca se sacian, pero para definilos nada mellor ke a túa sinxeleza e humor, como saído dun western, no medio dunha frase desas túas interminables e con voz susurrante : “…os malos”.

Vou no tren lento, penso ke nunca foi tan lento, cara a Ría a xunto ós teus, a xunto ós compas, para estar ó teu carón e falarche, teño tanto ke dicirche… e sobre todo tanto ke escoitarte pois desde ke te coñezo non deixei de aprender meu. Pra min es como a encarnación da esperanza, tronzas as barreiras xeracionais coa túa proximidade.

Vou no tren, para estar a túa beira, neste tren ke debera ser realmente do común e non como a alta velocidade elitista que tanto cuestionaches e asegúroche cuestionaremos, por formar parte de unha estratexia depredadora do territorio, ke só lle interesa ao capitalismo salvaxe, xa sabes nós somos pasmós-peatós e non hai máis.

Vou ao teu carón parece ser ke a despedírmonos de ti… pero eu kero escoitarte máis, ke me fales do decrecemento, dende o neolítico! Como acostumas a facer… cóntame si,  porke o teu libro sobre o tema xa debe estar bastante encamiñado, ou ke? É cando máis precisamos dos teus coñecementos, da túa lucidez, da túa paciencia, da túa calma e da túa digna rabia cando hai ke tela. Agora é cando máis precisamos do teu humor, nestes tempos ke corren, fálame do decrecemento unha vez máis… da biodiversidade da Ría, transmíteme o teu AMOR con maiúsculas pola Terra. Veña Xosé ke eu comprométome a transmitirllo aos demais como poida. Dime.

Ah! E cántame a de “Al vent” e a de “se non tedes sachos traémolos nós…” ke aínda imos conversar dun par de temas un ratiño máis… ke digo un ratiño máis si sempre nos pasa o mesmo e remata por iluminarnos a raiola do amencer…

Xosé, eu noméote: Xosé Monteferro, noméote e vives, nomeámoste e pensámoste e estás akí con nós por iso non falo en pasado, porke negámonos a perderte. Todo o ke construímos é indestrutible aínda ke perdamos a vida, ti vivirás sempre en min, en tod*s nós, e nos montes e na Ría, e en cada loita antisistema como a ti che gusta dicir, non antisistémica como sempre che digo eu… E ti coa túa brillante intelixencia dicías “non! antisitema, porke sistémica son tódolos sistemas, e a nós, o ke non nos gusta é este e imos construír outro mellor…”

 

Quien nombra llama.
Y alguien acude, sin cita previa, sin explicaciones, al lugar donde su nombre, dicho o pensado, lo está llamando.
Cuando eso ocurre, uno tiene el derecho de creer que nadie se va del todo
mientras no muera la palabra que llamando, llameando, lo trae.

Eduardo Galeano.
“Ventana sobre la Memoria”, en Las Palabras Andantes. Ed. Siglo XXI.

 

 

Días despois do seu pasamento celebrouse unha homenaxe en Monteferro e botáronse as súas cinzas ao mar ke tanto coidou  (e ke agora coida del) desde o monte ke tanto protexeu (e ke agora o protexe).

 

Xosé, pasou unha semana e algo da túa despedida e agora estou en Monteferro. Está isto ateigado de xente! E hoxe non sinto dor, sinto alegría, orgullo, e non son o único, escoitáronse akí moitas emocións de boca de xente moi diversa en idades, de diferentes lugares, de diferentes colectivos, da túa familia e amigos… E sentín ke andabas por akí entre a xente fumándolle un cigarro coa túa presenza inevitablemente agarimosa, de paz.

Unha homenaxe do pobo humilde e sinxelo como te mereces, uníndonos unha vez máis a tod*s entorno á terra, como acostumabas facer. Poesía, palabras, colectividade, natureza, xantar popular… Información rigorosa sobre a situación ambiental actual de Monteferro e todo o Val Miñor da man do teu irmán, asemblea, acción na rúa, música…

Estás xa na memoria colectiva, burlaches a morte! Como fixeches!?

O amor polas persoas, pola Terra, pola vida, sempre situado abaixo e de pé. Canto nos deches meu, canto, canto. Sempre con alegría, de arriba pra baixo, caravanas de concertos, conversas mil, asembleas a eito, manifestacións, notas de prensa, redacción e sobre todo sintetización de manifestos… sempre sumando. Sen alentar. Un espírito libertario, nada dogmático, xa che vén de familia: Ricardo Mella, Urania Mella… O teu compromiso admira a ken o mira meu, es xustamente todo o contrario á covardía.

Téñolle escoitado aos indíxenas de Chiapas unha definición das persoas especialmente respectadas pola comunidade por seren defensoras do Colectivo, da Cultura e do máis importante de todo, a terra e o territorio no seu conxunto. A Nai Natureza na ke se sustentan os Pobos, pois sen Terra viva non hai vida digna, non hai nada… “Los Guardianes” din, os ke garanten a protección do espazo territorial, “hasta morir si es preciso” din. Unha definición ke me ten chamado moito a atención e xa o teño falado contigo Xosé porke pra min es “O Gardián da Ría” e por extensión un Gardián, un guerreiro, ke ofrendaches o mellor de ti polo ben común, un bo e xeneroso como xa dixeron máis compas. O noso Xosé, gardando a biodiversidade da Ría xa desde os ollos de Monteferro. Gardando a Ría, como nós te gardamos a ti pois xa non te podes ir. Conseguíchelo, permaneces. Transmítesnos toda a forza para seguir defendendo o ke é de todos e todas. Hai un compromiso, unha débeda pois, de defensa da xustiza e da liberdade ke alimentaches e ke non se pasará por alto, asegúrocho.

Saúde e Terra camarada! E unha aperta rebelde desas ke nos damos a última hora cando xa se foron todos despois das asembleas, e do xantar e… akí estamos, no crepúsculo, ti máis eu felices coma nenos, conspirando por algo mellor, xunto aos todos e todas ke somos… compa! seguimos!

Xosé, vives!
A loita sigue!

Goberne ken goberne, Monteferro non se vende!
Goberne ken goberne, A Ría non se vende!
Goberne ken goberne Galiza non se vende!
Terra viva e vida digna para tod*s.

 

Referencias do Xosé:

Video Xosé falando en Massó (Cangas)

Video Xosé falando en Vigo.

 

Referencias póstumas recompiladas:

Homenaxe a Xosé – Video Galiza Contrainfo
Galiza Non se Vende I
Galiza Non se Vende II
Envolventes as Palabras
Fotos Galiza Contrainfo

 

Este texto foi publicado no Dioivo (Medio de comunicación cooperativo en galego) na sección de Obituarios neste Marzal de 2012: www.dioivo.eu/obituarios

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 5

 

(Texto repartido o pasado día 3 en Baiona nunha acción ludico-reivindicativa con motivo da «Festa da Arribada»)

 

Baiona. Sábado 3 de Febreiro de 2012. FESTA DA ARRIBADA?

NADA QUE FESTEXAR.

O mal chamado descubrimento de América foi un proceso de conquista e polo tanto de ocupación militar do territorio americano. É certo que sempre se nos impuxo a visión dos vencedores pero nós: A Ría Non Se Vende (Galiza Non Se Vende) poñémonos do lado dos vencidos porque sería inhumano facer o contrario.

Non nos parece responsable regocijarse a modo orgulloso sobre o xenocidio mais brutal da historia da humanidade. A conquista bélica do continente americano supuxo (e supón) a aniquilación de millóns de persoas a través da guerra, a escravitude e as enfermidades levadas polos imperios católicos europeos do momento, principalmente o imperio español. É incalculable a desaparición forzada de Culturas enteiras a nivel masivo, hoxe os Pobos Orixinarios superviventes resisten e seguen a padecer a explotación, a represión, o desprezo e o despoxo dos seus lexítimos territorios en man común que historicamente protexen. O saqueo dos recursos naturais é o principal interese das empresas multinacionais nesta etapa Neocolonial. Un proceso de exterminio que fai responsable tanto a gobernos nacionais americanos (como o mexicano, por poñer un exemplo) como tamén responsable aos malos gobernos da Xunta de Galicia e do Goberno de España asinantes de diferentes tratados de libre comercio con ese Narco-estado corrupto que é México.

Nós, recoñecémonos como compañeir*s de loita dos Pobos Indíxenas rebeldes e organizados autonomamente pola defensa dos seus usos e costumes, así como a defensa do territorio. Somos unha Rede de Colectivos e Individuos en defensa do territorio e posicionámonos  do lado dos que padecen a guerra máis longa da historia da humanidade. Unha guerra que dura máis de 500 anos e que ten como obxectivo a conquista dos seus lexítimos territorios e o exterminio dos seus pobos orixinarios e labregos que aínda resisten. Somos conscientes de que este é un proceso global levado a cabo dende o sistema capitalista na súa actual etapa neoliberal, ou ditadura dos mercados, todos os sectores subalternos da Humanidade estamos afectados de xeito directo. Reprodúcense os modelos de brutalidade contra terras e xente como na colonización de América dende 1492, agora en todo o mundo, si cabe, de xeito nunca antes tan agresivo, masivo e estendido.

 

Vivan os Pobos Indíxenas en loita!

Viva a dignidade rebelde!

A Ría Non Se Vende-Galiza Non Se Vende.

Terra viva e vida digna para tod+s.

 

Organiza:

A Ría Non Se Vende.

Colectivo Berra!

Mais info en:

Encuentro de Pueblos Indígenas de América.

Colabora:

Fuga Em Rede (Colectivo Galego de Acción Global)

 

 

O seguinte poema Nahua está tomado do manuscrito indíxena de 1528, describe con un dramatismo extraordinario cal era a situación dos sitiados durante o asedio de México-Tenochtitlan. Aparece no capitulo XV “Cantos tristes de la conquista” do libro Visión de los vencidos de Miguel León-Portilla.

 

Los últimos días del sitio de Tenochtitlan

 

Y todo esto pasó con nosotros.

Nosotros lo vimos,

nosotros lo admiramos.

Con esta lamentosa y triste suerte

nos vimos angustiados.

 

En los caminos yacen dardos rotos,

los cabellos están esparcidos.

Destechadas están las casas,

enrojecidos tienen sus muros.

 

Gusanos pululan por calles y plazas,

y en las paredes están salpicados los sesos.

Rojas están las aguas, están como teñidas,

y cuando las bebimos,

es como si bebiéramos agua de salitre.

 

Golpeábamos, en tanto, los muros de adobe,

y era nuestra herencia una red de agujeros.

Con los escudos fue su resguardo,

pero ni con escudos puede ser sostenida su soledad.

 

Hemos comido palos de colorín,

hemos masticado grama salitrosa,

piedras de adobe, lagartijas,

ratones, tierra en polvo, gusanos…

 

Comimos la carne apenas,

sobre el fuego estaba puesta.

Cuando estaba cocida la carne,

de allí la arrebataban,

en el fuego mismo, la comían.

 

Se nos puso precio.

Precio del joven, del sacerdote,

del niño y de la doncella.

 

Basta: de un pobre era el precio

sólo dos puñados de maíz,

sólo diez tortas de mosco;

sólo era nuestro precio

veinte torta de grama salitrosa.

 

Oro, jades, mantas ricas,

plumajes de quetzal,

todo eso que es precioso,

en nada fue estimado…*

 

*Ms. Anónimo de Tlatelolco (1528). (Biblioteca Nacional de París)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 5


GALIZA NON SE VENDE!

 

O día 15 de Febreiro saímos a rúa pola defensa da terra e do territorio. Porke vemos perfectamente como a clase política deste país goberna para o grande capital e non manda obedecendo as xustas demandas, dos veciños e veciñas das aldeas, das vilas e dos barrios.

A outra democracia, a directa, a real, a de base, a participativa, está akí e agora, exercémola en cada momento das nosas vidas, en cada asemblea, en cada loita. A súa suposta democracia exclúenos, non nos toma en conta, levan adiante os seus plans de negocio e privatización neoliberais sen miramentos. Ninguén pode mandar en nós nin impoñernos os seus sucios negocios pola forza, para explotarnos, desaloxándonos e desarraigándonos, desprezándonos, reprimíndonos.

Agora e o momento de comezar a construír autonomamente en movemento «outra cousa» porke sen territorio non hai vida, non hai nada. Tamén e o momento de destruír, destruír este sistema ke non nos vale, ke nos humilla, destruír-construíndo. Por iso keremos «outra cousa» mellor, ke é nada mais nin nada menos ke un arco da vella de moitas cores, de tódalas cores. Iso e o ke keremos.

Nós como Fuga Em Rede desde as nosas loitas locais fomos a coñecer aos outros nosoutros, nesta páxina web difúndense a diario outras loitas globais anticapitalistas, para ke nos coñezamos entre nós, os todos e as todas ke somos. Seguimos neso, en Galiza e cos nosos irmáns e as nosas irmás de diferentes cores de polo mundo todo.

Pola defensa do territorio, con dignidade, abaixo e a eskerda.

Goberne ken goberne: Galiza Non Se Vende!!

Fuga Em Rede.

11 de Febreiro de 2009.


Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaOutO García on 16

xxxxxxxxxxxxxxxxxx

Non estou de paso

estou para kedar,

coas flores co mar

contigo con vós

Renacerei mil  e unha veces

no sal

na doce comisura dos teus beizos,

non estou de paso

decidín kedar sempre

akí,

porke non podo, por eso

transgredo o estipulado

decidín estar sempre

agora e logo

en ti, en vós

no sal e nos pensamentos;

coma os antergos.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

15 d´Outono 2011. O garcía.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaSetO García on 26

Soño de náufrago.

Esperta!

Afúndese o barco,

náufrago, veste nunha illa deserta chea de peña

golpeado, medio afogado

érgueste como podes, camiñas.

E a pesar da dor, golpeado, camiñas

e  logo corres pola illa deserta

chea de peña, corres desesperadamente

e sobes ao punto mais alto

e despeñaste,

pra volver a caer no mar

e así espertar de verdade…

Téntante afogar.

Non hai verdade

rebuleste, saes como podes

cara a superficie

agora podes ver a cara desas vítimas

ke son os teus verdugos.

Espertas (supostamente) unha vez mais

-Marcho de akí.

Voume vivir a unha illa deserta… sen xente-

Xente,

xente cara un mesmo lugar.

Xente abraiada polo solpor (oxalá)

Persoas

persoas-natureza

seres humanos-eu

natureza-eu

nesa maldita illa deserta, chea de peña.

O García.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaXulO García on 4

Ramona Esperanza

Ela é pekena
tan fráxil (aínda)
ela é unha nena
tan forte (xa) e
aínda é unha nena
****************
E unha nena
máis
xa fai de nai
sacalos irmáns adiante e os fillos ke virán
e a súa «condena»
***************
Ela é noviña pero
tan responsable
os seus ollos reflicten unha realidade tan dura
e a esa idade
***********
Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaXuñO García on 30

E un agasallo mais! ter bos amigos/compas ke bonito é, encheme de felicidade

e poñome algo colorado… comparto con vós. Do poeta, compañeiro de batalla

 e amigo Manolo pipas. Foi publicado no seu amplo e brillante blog ke él sí

actualiza a miúdo:

http://envolventesaspalabras.info/semblanzas-apertas-elexias/caderno-do-garc%C3%AD

Gracias compa! e SAÚDE.

caderno do garcía

órale amigo garcía
e benvido o teu caderno
que agardabamos hai tempo
entre chiapas e galiza

un caderno de viaxe
camiña digno e con raiba
na cidade e nas montañas
facendo comunidade

cronicas e poesias
palabras e ligazons
travesías con paixón
entre musicas garcía

ai cronista serxio regos
vas regando milpas e hortas
no solpor e mais na aurora
ai vai chido o teu caderno

o outro cronista

imaxe no zapatista caracol
de oventik no mencer do 1-1-2009

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaXuñO García on 20

Vivimos entre o mármore

e non keda espazo

para nós!

xxxxxxxxxxxxxx

FENDEO.

xxxxxxxxxxxxxx

O García. Compostela Xuño 2011

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaXuñO García on 20

En xaneiro deste ano chegoume un agasallo, o millor dos agasallos: Un poema en forma de acróstico do Compañeiro e Poeta Ramiro Torres.

Mil gracias Ramiro unha vez mais pola tremenda forza ke me envías pra seguir millor neste camiñar.

Compartoo agora con tod*s vós:

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Para o García, na imensa terra por chegar.


Ganhamos a precisão do sol entrando nas

Artérias do mundo, anulamos esta opaca

Rede do desencanto com a estrela cravada no

Cimo fluente de um fogo vivo, vertendo a

Imaginação deslumbrante na pirataria do coração:

Auscultadores das formas trepadoras da luz invicta.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Janeiro de 2011.


Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMaiO García on 27

Somos
PEDRAS
masticadas
baixo o cemento.

O García. Rúa de San Pedro-Compostela. Agosto 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaAbrO García on 4

corrido dun hiphopeiro polo deserto

ajá ándele chaparro
da terra do chapapote
xa nos vai o hiphopeiro
ao deserto do peyote

pois si que o jarsia ten
boa moral e papote
ala que tes pouco tempo
ándele vai a trote

carga pouco o morral
con frijoles e ejotes
coida ben a túa sombra
e tamén o teu bigote

saudos ao correcaminos
e tamen ao seu coyote
cóidate «pekerrecho»
e coida ben o pipote

un abrasote

o cronista
coa axuda
das dúas guadalupanas

xxxxxxxxxxxxxxxxxx

>Do poeta e amigo Manolo pipas.

http://www.envolventesaspalabras.info/

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 24

A VIDA REFLECTIDA NESE VAL.

Desde akí pódese ver o val

e a néboa  cubreo todo

pero, distínguese o río serpenteando

e o millo trepa polas ladeiras entre os penedos

o sol marcha i eu tamén

podo velo cos meus propios ollos

ese orizonte

e ke haberá  nesas montañas? Pregunto.

Costa abaixo camiño a Tuxtla e máis aló

rodando noutro camión ke se move

e non sei si chorar ou rir

as feridas lévoas gardadas no corazón

e despois destas montañas

non se sabe ke paisaxe virá (…)

Desde akí pódese ver o val e

a néboa  apoderase del

desde akí vexo o val e

a vida reflectida nel.

Tamén hai claros

e, distínguese o río serpenteando

e o millo ten tanta forza

ke medra entre os penedos

rezando ao sol

e vai asomando a lúa

ke akí e coma unha hamaca,

non podo camiñar

e non é polos pes.

O intenso frío dos altos

cae sobre o meu corpo

e prefiro non pensar demasiado

deixome levar

e as feridas lévoas no corazón

e preguntome, detrás desas montañas ke haberá?

Porke o terreo polo ke acostumo a camiñar

e demasiado irregular

cando cres ke camiñas con estabilidade, zas!

Detrás dos outeiros será mellor?

ou peor?

supoño ke os ke alí habitan

tamén camiñan entre o ben e o mal

ao fin e ao cabo

estas montañas polas ke agora camiño

saben moi ben o ke é chover bagoas

e derramar sangue moreno

por iso é tan alegre a rebeldía

por iso, é tan digna, a rabia.

O García. 01 09. Chiapas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 23

VERGOÑA

A vergoña hoxe chamase estado de Israel.

As bombas do negocio dos porcos postos de pé

esbouran nas escolas.

Segue tomando o teu batido de fresa transxénico.

Ti de ke lado estás?

Como si só houbera dúas realidades,

estou do lado da vida,

centos de persoas asasinadas,

grávao na túa retina, a dignidade hoxe

chamase Palestina.

Nunca eskeceremos as loitas contra o muro 

en árabe i en hebreo

en inglés i en galego

a flor da autonomía activista 

sen autoridade 

nin israelí,

nin palestina.

O García. 01 09 (polo ar.)

Este poema foi publicado no antigo portal web de Fuga Em Rede e tamén na páxina «envolventes as palabras» do compañeiro e poeta Manolo pipas: http://www.envolventesaspalabras.info/etiquetas/por-palestina

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 17

HIP HOP

INTERVENCIÓN na MESA REDONDA “Sabotaxe na fronteira. Arte e subversión na Galiza contemporánea” o 4 de Marzal do 2010 dentro das I XORNADAS GALEGAS DA EDICIÓN INDEPENDENTE na Biblioteca Pública Anxel Casal de Compostela. As xornadas foron organizadas por Estaleiro Editora e a editorial Corsárias.*

*O seguinte texto é unha versión lixeiramente corrixida.

 

Serxio Regos “O García”.

 

 

Boa tarde.

 

Kero agradecer a Estaleiro Editora e a Corsárias a invitación. Aproveito para felicitarvos polos vosos tan necesarios proxectos e por estas xornadas. Síntome moi feliz de compartir este espazo para a reflexión e a análise, para a palabra. Estes días akí estanse amosar bocexos e tamén realidades de eses/estes outros mundos posibles nos ke andamos, os ke procuramos sen acougo.

 

A NACIÓN HIP HOP ESTÁ ABAIXO E Á ESKERDA.

  1. A Escuridade. (Dúas voces dende a negritude)

Dende a cultura da morte e do medo, dende a periferia, dende o crac ke se proxecta dende arriba para manternos a raia, dende as túas entrañas, ai Imperio, dende o Norte si, dende a exclusión, dende a desesperación, a cultura da morte a violencia no barrio, a violencia entre a comunidade, gangs, adolescencia fumando crac, heroína, as armas circulan, o racismo institucional agora reproducímolo nós, as armas circulan, impórtame unha merda o ke digas, xuro ke te mato! De feito xa estás morto, somos mortos en vida.

Case non keda nada de nós, aldraxadas, arrincados da nosa nai Áfrika, asasinados, violentados por séculos explotados.

- Mais non todo está perdido… primeiro foron os cantos de traballo ke trouxemos de Áfrika, logo o Blues, a migración do Bluesman cara a cidade, do sur cara o norte, o trance nas Jam Sesións de Jazz, o Ritm & Blues, o Rock and Roll, o Soul, Black Power!! Panteras Negras e mailo Funk. Uaaaauuu!!! Somos negros e estamos orgullosos.

- Siii,  pero míranos estamos na pobreza extrema e matámonos entre nós, semella ke toda a rebeldía, aínda ke fora algo contra vento e marea fracasou.

Un ponlle unha man por riba do ombro ao outro ke ten unha pistola na man porke o kería asasinar e dille:

-          O mais escuro é antes do amencer.

2. A luz. (Unha luz ilumina dende o sur do Bronx)

Logo da viaxe de Áfrika Bambaataa por Sudáfrika e despois de coñecer a Nación Zulú, o xoven Bambaataa ex-pandilleiro percatarase de ke moitos dos xeitos de expresión no seu barrio, na rúa, gardan grandísimas similitudes coas formas de expresión do pobo Zulú. Nación por certo, ke o guerreiro Shaka Zulú convertera en todo un símbolo guerreiro da Áfrika enfrontándose con éxito ao Imperio Británico ke desembarcara polo cabo de Buena Esperanza xusto a veira de Cape Town, o Capetón dos mariñeiros Galegos.

Áfrika Bambaataa tivo ke percibir akela cultura guerreira e antiimperialista e debeu percibir tamén con claridade (por exemplo) ke cando os zulús se reunían e facían un corro e supoño ke tocarían diferentes instrumentos de percusión, e tamén estou seguro de ke alguén danzaba no medio de ese corro e as autoridades tradicionais, ou como alí se chamen, moi probablemente fixeran uso da palabra. Ao fin e ao cabo espiritualidade, ao fin e ao cabo rituais ke se daban por exemplo, cando se ofrendaba á natureza nalgún cambio cíclico. El viuno todo claro, a conexión era clara. Cambiara bastante o contexto, pero en esencia era o mesmo ke se facía no barrio, a pesar de tódolos intentos ao longo da historia de desdibuxar por completo as formas culturais ancestrais da comunidade negra.

No retorno desa viaxe, literalmente ás raíces, xa no Bronx o 12 de Setembro de 1973 dáse o milagre! acéndese a lus, a fundación da Universal Zulú Natión. O traballo pola paz na comunidade independentemente da cultura, relixión ou idade, é mais mesturando tódolos saberes, facendo especialmente fincapé nas formas ancestrais africanas non tivo acougo. Por ke non xuntar forzas para loitar por un fin común e por ke non facelo a través da arte?

Iso ke Bambaataa vira en Áfrika, os xeitos de danzar, recitar a palabra, a musicalidade, a pintura…conectouno totalmente co graffiti e o breakdance e outras formas de expresión ke se practicaban nas rúas do seu gueto no sur do Bronx.  Eran formas evidentes dunha necesidade de comunicarse co mundo e co propio ser. Formas ancestrais. Bambaataa era DJ. Os Dj´s eran unha especie de axitadores no barrio pinchando a música da xente de abaixo, na rúa, a ke non poñían nas radios comerciais, os Sounds Sistems levados ao Bronx por Kool DJ Herc (inventor do breakbeat), nos ke os breakers facían piruetas sen parar en un trance total ke seguramente facía ver os problemas da vida no gueto como algo externo a eles, aínda ke só fora momentaneamente.

A xuntanza das artes, cultivarte , cre en ti mesmo, es alguén, respecta aos teus irmáns:

Dende logo unha inxección de autoestima. A mellor menciña.

Áfrika Bambaataa foi capaz, xuntou o Graffiti xa existente na rúa co Breakdance ke tamén estaba aí, co Dj¨ing ou as artes do dj, e iso ke improvisaban os presentadores ou acompañantes do Dj, ke máis adiante se denominaría Rap. Organizou eventos de carácter autónomo, ás veces okupando espazos deshabitados para facer descargas momentáneas da viveza da expresión da cultura na rúa.

Así, en 1974 nace a Cultura Hip Hop, a xuntanza das artes da xente de abaixo, da rúa, dos excluídos, dos migrantes…

A violencia no barrio descende drasticamente, en gran medida e con moito esforzo conseguiuse. Hip Hop. Dicían, eu son da Nación Hip Hop. Unha alternativa de conduta capaz de transformar ás persoas manifestando a conciencia colectiva, comunitaria.

3. De cando chega a nós (buscando por kes)

Dende akel entón pasaron moitas cousas, e agora moitas veces tense unha imaxe ke non se corresponde cos verdadeiros valores da Cultura Hip Hop. Unha imaxe deformada polos mass media e claramente con fins ke teñen máis ke ver co sistema capitalista ke con outros xeitos de economía e de moitas outras propostas nas ke algúns cremos. Hip Hop dende abaixo, como movemento ke crea novos mundos, institucións autónomas, propias. Democracia participativa a través da arte, as leis do acordo, non as ke se proxectan dende arriba, reafirmación da colectividade, ante un sistema ke nos individualiza. O Hip Hop está abaixo pois ven de abaixo, e si non é así, é só un produto máis do sistema capitalista. Está abaixo e ten valores de eskerda, de respecto, pois foi un catalizador tremendo como movemento antirracista, por poñer un exemplo. É unha nación ke está polo mundo todo, nos guetos de Luanda, nas favelas do Brasil, nos barrios migrantes de Marsella, en Ordes.

Alí onde hai exclusión hai Hip Hop, é a nosa palabra. A nosa ferramenta mais integral.

Pertenzo ao Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, e nós non temos a verdade sobre o Hip Hop, pero sí algo de experiencia dende 1995 ata hoxe. Por ke esta cultura foránea tivo a capacidade de estimularnos nun ambiente tan gris? Probablemente por eso pola cor ke desprende, como un arco da vella. Podemos falar do Hip Hop como filosofía, como historia, como matemáticas, como música, como danza, como pintura, como nada. O Hip Hop, non é o importante, o Hip Hop é nada e é todo á vez. Eu son Hip Hop. É unha ferramenta. Non é nada novo, leva dende os principios da humanidade con outros nomes entre nós en tódalas culturas, en tódalas civilizacións con outros nomes ou sen nomes. E esta parte do mundo non é menos, a muiñeira por exemplo, os Maios… cambios cíclicos da natureza onde se danza e se toca, onde se ofrenda, a espiritualidade ao fin, roubada polas doutrinas, tamén a do Hip Hop. En Dios Ke Te Crew, facemos obradoiros sobre todo por centros educativos e cando un rapás ou unha rapaza rapea o mundo ten sentido, rompemos os muros da incomunicación, decidimos por nós mesmos, ke o final é o ke importa. Cando facemos Hip Hop somos libres nese preciso momento. E o máis importante, facémolo nós, sen caudillos, nin patróns. Pois sae de nós, sae de abaixo e a eskerda, ke como dín os compas de Chiapas é onde está o corazón. Porke os valores realmente de eskerda e da búskeda da convivencia feliz, non teñen nada ke ver cos pseudo-eskerdistas ke enchen as filas da clase política, case por completo pregada aos valores dos mercados financeiros.

E ao final a Cultura Hip Hop só é unha ferramenta, unha ferramenta ke lle dá voz aos ke na teñen, parafraseando a KRS-One digo ke “Hip significa saber, é unha forma de intelixencia, ser Hip e estar ao día e relevante Hop é unha forma de movemento, non podes só observar un Hop, tes ke saltar (erguerte) e facelo, Hip Hop é mais ke música. Hip é coñecemento, Hop é movemento, Hip Hop é movemento intelixente. …Corre e dillo aos teus amigos unha antiga civilización volveu a nacer é un feito”

Hip Hop, a nosa digna rabia abaixo e a eskerda, é o faino ti mesmo  é o copyleft, cada ves ke sampleamos e sacamos fotografías a música e logo facemos a partir deses sentimentos un colage, unha nova composición. E reciclaxe pura e dura. É o faino ti mesmo. Debe ser independente, pois é unha expresión máxima de Autonomía feita realidade. O Hip Hop é unha ferramenta abofé ke reivindicativa, artística e política. Non somos espectadores, somos actores das nosas propias vidas.

Ke non pare, ke non pare Hip Hoooooooooop!!!

KRS One \»Hip Hop lives\»

Este texto foi publicado no Blogue do programa da Radio Galega Música O Planeta Furancho: http://planetafurancho.wordpress.com/category/planeta-garcia/

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 17

4ª Crónica. Brigada de Fuga Em Rede a Chiapas-México

9 de Xaneiro do 2008.

Seguimos vivindo e aprendendo nesta e desta parte do mundo. Algunhas de nós xa estamos moi perto da terra dos mil ríos, igualiño ca en Chiapas. Moita riqueza pero moita miseria, coma sempre, para os de abaixo. Moitos intereses do grande capital, igual ca en Galizia, igual ca no mundo todo.

O día dous, recén chegad+s do encontro de mulleres en La Garrucha e ante varias ameazas de desaloxo, catro das persoas ke conformamos o grupo (xa somos cinco) decidimos ir a un dos lugares en conflito: a Reserva Natural Autónoma Zapatista de Huitepec. Alí apoiamos coa  nosa  presenza  aos compas, polo ke puidese pasar. Finalmente ese día non sucedeu nada, seguramente pola  permanencia  dun  bo número de “internacionais”. Pero as ameazas de desaloxo das terras por parte do mal goberno seguen latentes.

Os compas resisten. Defenden a reserva e cóidana, é unha zona con grandes recursos e por iso os keren botar. Coca-Cola, por exemplo, quere apoderarse da auga nun deses cerros. Tamén hai pirámides sen explorar, tan atractivas para o negocio turístico, e polo tanto unha ameaza moi forte de privatización e destrucción da natureza.

Pois así foi, convivimos con eles e pasamos frío coma nunca. Os Altos de Chiapas son terribles!!! Ben se pode dicir por unanimidade ke a do 3 deste xaneiro foi a noite máis fría das nosas vidas. Fisicamente falando, claro. Eles, cun sorriso de orella a orella, transmitíannos a súa calor vital. E contábannos que ían resistir con todas as consecuencias.

Non vos falamos de insurxentes zapatistas armad+s, senón de Bases de Apoio civís. “Habemos dar a vida, se é preciso, porque este cerro coidárono os nosos avós mais primeiros. E ímolo defender ata as últimas consecuencias porque coa terra, coa nosa nai, non se fai negocio”.

 A estratexia do goberno de Mèxico é clara: guerra contra a autonomìa indìxena, desaloxo de miles de familias ke habitan “terras recuperadas”. Terras ke, triúnfo da revolución mexicana, se consideraron en man común e se repartiron como ejidos (*7). Na revolución de Villa e Zapata as consignas eran claras: terra e liberdade, la tierra es de kien la trabaja, e asì foi. Distribuíronse as terras entre os labradores explotados polos terratenentes.

Mais no ano 1992 reformouse o artigo 27 da Constitución, o ke dicìa ke a terra non estaba suxeita a compravenda. Levou a cabo esa reforma o P.R.I. (Partido Revolucionario Institucional), unhas siglas ke se mantiveron máis de setenta anos no poder chegando a gañar as eleccións no estado de Chiapas… co 110% -sic- dos votos.

O cambio constitucional ke permite vender e mercar a terra era parte da estratexia neoliberal e un dos rekisitos para ke, polo menos na teoría, México pasase a formar parte do chamado “Primeiro Mundo”. A República asinou entón o T.L.C.A.N. (*8) (verdadeira carta de defunción para miles de indíxenas e labregos de todo México) ke entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994.

Aínda ke por outra banda antes do 1992 o texto da constitución protexía a terra por medio dos sistemas ejidales, en Chiapas por exemplo, nunca chegara a ser asì. Miles de indíxenas vivían en réxime de escravitude coas terras controladas polos patróns; unha vez máis o indíxena era excluído e reducido á animalidade. Por iso se considerou o T.L.C. un tiro de graza para os pobos orixinarios de México.

O 1º de xaneiro do 94, o mesmo día en ke se formalizaba o tratado neoliberal, mentres se daba carta branca ás empresas multinacionais para culminaren o seu asalto á explotación dos recursos, o E.Z. recuperou as terras (250.000 hectáreas) das ke os terratenentes se apropiaran. Era a primeira medida dun alzamento armado en demanda de xustiza, liberdade e democracia para tod+s.

 Despois disto o E.Z.L.N. -xunto con representantes indíxenas de toda a República e un bo número de asesores- abriu un proceso de diálogo co goberno federal e cos representantes dos partidos políticos parlamentarios. Dese proceso saíron os Acordos de San Andrés (1996): o E.Z. comprometíase a non usar as armas; o Estado, pola súa parte, recoñecía o réxime de propiedade das terras en man común, as formas de goberno tradicionais, a lingua e a cultura indíxenas, etc.

Os acordos da primeira mesa de negociación finalmente se incumpriron. O E.Z. sentiuse traizoado polos tres partidos ke asinaran a negociación, especialmente o P.R.D. (*9) representante da eskerda institucional. A clase política fixo un lavado de cara ante a opinión pública mentres botaba ao lixo as demandas de dignidade que aprobara coa súa solemne sinatura. Chega a ruptura definitiva do diálogo. Como din akí, “pues ni modos”. O E.Z. leva unilateralmente a cabo, no 2003 o proceso de autonomía: “non precisamos permiso para ser libres”, din. E fundan os caracois, os centros de formación civil de saúde, de educación… e as Juntas de Buen Gobierno dentro de cada caracol.

O goberno federal non tolera iso e comeza unha guerra de baixa intensidade ke se cadra xa non é tal. Para entendernos, a cousa está moi fea. A estratexia do goberno mexicano (así o veñen denunciando as Juntas de Buen Gobierno e algúns colectivos de defensa de dereitos humanos) é acabar coa autonomía indíxena por medio de estratexias de terrorismo de Estado. Non só en territorio zapatista, senón en cada parte da xeografía mexicana ke se sume ás xustas demandas dende abaixo e a eskerda. Os ataques paramilitares en Chiapas recrudecéronse, especialmente neste último ano, con grupos moi sofisticados coma a OPPDIC (*10). Ninguén dubida de que se concibiron e se formaron nas estruturas do poder.

Moitas persoas e colectivos de todo o mundo asinaron a Sexta Declaración da Selva Lacandona. Cómpre agora solidarizármonos cos zapatistas contra esta grave escalada de violencia no territorio indíxena chiapaneco. Como xa escoitamos o outro día en palabras do Subcomandante Insurxente Marcos: “La guerra, como el miedo, también tiene olor. Y ahora se empieza ya a respirar su fétido olor en nuestras tierras…” .

 Serxio Regos “O García”

Esta serie de crónicas foi publicada na Revista Das Letras do xornal diario Galicia Hoxe:

http://www.galiciahoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=55&idNoticia=631727

Ligazóns referentes a esta Crónica:

(Achegamos información máis polo miudo das agresións concretas e de como estába a situación nese momento)

http://www.jornada.unam.mx/2008/01/06/index.php?section=politica&article=008n1pol

http://www.jornada.unam.mx/2008/01/02/index.php?section=politica&article=009n1pol

http://www.jornada.unam.mx/2007/12/31/index.php?section=politica&article=016a1pol

http://www.jornada.unam.mx/2007/12/24/index.php?section=mundo&article=026a1mun

Glosario:

*7: Espazos territoriais xestionados en mancomún  nos ke ademais calkera decisión sobre a terra se toma por unanimidade.

*8:Tratado de Libre Comercio de América do Norte, verdadeira carta de defunción para miles de indíxenas e labregos de todo México.

*9: Partido de la Revolución Democrática.

*10: Organización para la Defensa de los Derechos Indígenas y Campesinos, detras destas “amables” siglas agochase unha organización paramilitar apoiada, armada e formada polas esferas do poder político, militar e económico.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 16

3ª Crónica. Brigada de Fuga Em Rede a Chiapas-México 07-08   

5 de Xaneiro do 2008.

Despois da estancia pola Zona Norte do territorio rebelde despedímonos dos compas e partimos cara Ocosingo, a poboación dende a ke se toma redila para o Caracol III. O Caracol III sitúase na zona selva tzeltal.

O día 28 chegamos e rexistrámonos como medios de comunicación independentes e como oíntes do III Encuentro de los pueblos zapatistas con los pueblos del mundo – La Comandanta Ramona y las zapatistas.

A afluencia de xente foi espectacular (unhas 5000 persoas). O encontro transcorreu entre plenarias, saúdos e abrazos entre coñecid+s e descoñecid+s ke xa non o son. As plenarias das mulleres (e algunha ke outra nena zapatista) abordaron temas como as formas autónomas de saúde e educación. Antes de 1994 as nenas de Chiapas apenas asistían á escola e as ke o facían eran humilladas como indíxenas e “educadas” sen ter en conta a lingua e a cultura dos diferentes pobos ke habitan estas terras. “Nosoutras unímonos para nos gobernar, educar e coidar; ahorita, na escoliña autónoma trabállanse valores coma a igualdade, a liberdade e que sexamos respectadas como persoas e non discriminadas”, dinos en castilla unha promotora de educación zapatista, moi noviña, por certo. “Na escuelita autónoma tamén se xoga e mais hai diversión, na escuelita do mal goberno pegábannos e burlábanse de nosoutras por sermos indíxenas. Xa temos a nosa forma de educación acorde cos nosos pobos e grazas ao EZ”, conclúe. E arremete outra das mulleres zapatistas: “O que queremos é non volver á humillación, ao desprezo e ao esquecemento”.

No encontro vivíronse momentos moi emotivos. As compas están a acadar cotas moi importantes de participación en tódolos ámbitos e as cousas melloraron moitísimo para elas. Falaron as mais maiores de como antes do alzamento zapatista (1994) as mulleres indíxenas non eran tomadas en conta nin sekera na propia familia: non coñecían os seus dereitos, eran aldraxadas polos finqueros e vendidas coma se fosen gando.

Hoxe as mulleres e as nenas zapatistas están xunto cos compas á fronte da autonomía indíxena no surleste mexicano. “Falta moito”, din elas, pero xa hai un gran número de promotoras nas áreas de educación, saúde, información… Tamén son partícipes dos cargos rotativos dos gobernos autónomos.

“Facemos isto en conciencia e non por un soldo”, advertiu unha das zapatistas ke representaba un dos caracois. Os relatorios eran realizados por mulleres elixidas de cada un dos municipios rebeldes. Así foron pasando, caracol por caracol (zona por zona), para explicar como se organizan, como levan a cabo os labores neste novo mundo que integran as comunidades formadas por bases de apoio zapatistas. É abraiante o nivel organizativo que mostran, por poñer un exemplo, na producción por medio de cooperativas.

Tamén se recordou moito a Comandanta Ramona, unha muller que consagrou a vida a camiñar aldeas chiapanecas (comunidades) falando coas mulleres sobre a toma de conciencia e a emancipación da muller indíxena, triplemente explotada por pobre, por muller e por indíxena.

Ademais das zapatistas, o último día do encontro tomaron a palabra outras mulleres do mundo. Hai ke resaltar a presenza da Vía Campesina con representación da Confederación Nacional de Mujeres Campesinas da República Dominicana, do M.S.T. do Brazil, de organizacións campesiñas das vías de Guatemala, Francia, Korea… só por nomear algunhas. Estiveron ademais presentes as mulleres do Frente de Pueblos en Defensa de la Tierra de Atenco, o Sector Mujeres de la Sexta do D.F., traballadoras de makilas (factorías) da Baixa California Sur, todas elas mexicanas. Ante tal multitude o corazón sobrecóllese.

E mentres os compas eran os encargados de facer todas as tarefas relacionadas co labor doméstico (limpeza, comidas, etc.), as compas tomaban a palabra ante un auditorio rebordante. Desta vez os compas non se inmisciron no espazo dos relatorios e mantivéronse sempre escoitando co máximo respecto dende as ultimas ringleiras, xa pola parte de fóra.

E así foi transcorrendo o encontro. Ao chegar a fin de ano conmemorouse o alzamento zapatista, recordando +s caídos zapatistas que combateron no 94 por un México -un mundo- máis xusto e máis libre. Despois, a bailar ata o mencer. Algúns danzamos c+s compas xamáns ao redor do lume, cantamos á nai terra e pedímoslle perdón por todo o mal cometido. E tod+s bailamos e nos abrazamos en colectividade nese torrente de enerxía ke foi o xa ineskecible, 1 de xaneiro, do 2008.

Serxio Regos “O García”

Esta serie de crónicas foi publicada na Revista Das Letras do xornal diario Galicia Hoxe:

http://www.galiciahoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=55&idNoticia=631727

Ligazóns referentes a esta Crónica:

http://zeztainternazional.ezln.org.mx/

http://www.jornada.unam.mx/2006/01/07/index.php?section=politica&article=005n2pol

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaMarO García on 16

2ª Crónica Brigada de Fuga Em Rede a Chiapas-México 07-08

 30 de decembro do 2007.

Foi moi interesante asistir ao Coloquio Internacional In Memoriam Andrés Aubry. Ineskecible. O último día do coloquio estivemos as catro persoas que conformamos este «grupo de apoio e intercambio» que viaxamos ao México insurxente. Foi moi emotivo.

Chamounos especialmente a atención a cerimonia indíxena Lakota que realizou o fillo de Leonard Peltier, o que probablemente sexa, xunto con Mumia Abu Jamal, un dos presos políticos máis coñecidos da historia represiva dos EEUU.

Ese último día do coloquio tamén estivo presente a representación do Comité Clandestino Revolucionario Indíxena – Comandancia Xeral do EZLN da zona de Los Altos de Chiapas. O Comandante David (indíxena Tzotzil) foi o encargado de entregar o Liberationis Conatus Causa ao falecido Andrés Aubry, historiador, investigador xunto aos pobos mayas, crítico coa clase académica dominante e impulsor, entre moitos outros proxectos, da Universidade da Terra (na que se celebraba o evento).

Quen non estivo ese día foi o Subcomandante Insurxente Marcos. O día anterior explicounos que se retira da presenza pública indefinidamente: nin entrevistas, nin participación en encontros; suspensión (tamén por tempo indefinido) do seu labor como Delegado 0 (*1) da Comisión Sexta (*2) do EZLN. Recordou que el era o máximo responsable militar do EZLN, que o EZ segue sendo un exército «moi outro», pero un exército. E que nestes catorce anos nos cales o EZLN non respostou nin con un só disparo ás agresións, o goberno estivo preparando unha acometida mentres finxía retirar tropas regulares da armada mexicana substituíndoas por forzas especiais, formadas pola Escola das Américas. Esa “escola” gringa é coñecida por estratexias de contrainsurxencia que inclúe, entre outras cousas, a implantación do paramilitarismo naquelas poboacións onde se detecta presenza de familias zapatistas. E por medio do paramilitarismo, sen o goberno ensuciar as mans, levan a cabo desaloxos de familias que viven en terras recuperadas polo EZLN ou polas propias BAZ (Bases de Apoio Zapatistas). Ou sexa, desaloxan a poboación civil zapatista.

O noso percorrido continúa. Unha persoa do grupo queda en San Cristóbal, viaxa a Ocosingo, a Palenque e, finalmente, asiste ao V Caracol. As tres persoas restantes emprenden ruta participando nas brigadas BOTT (Brigadas de Observación Terra e Territorio) organizadas polo CAPISE (*3) e as Juntas de Buen Gobierno(*4).

Fomos logo entevistarnos co CAPISE para nos sumar ás Brigadas BOTT. As Brigadas son un encargo de La Otra Campaña (*5) ao seu paso por San Cristóbal. Visitan comunidades dos caracoles (*6) Roberto Barrios, La Garrucha e Morelia co obxecto de tomar testemuño das agresións armadas que sofren con especial atención precisamente nestes tres caracois (dos cinco existentes) porque son os que contan con comunidades e terras enteiras ou parcialmente recuperadas.

Tierra Adentro, local socio-cultural que dá espazo, entre outras iniciativas (cooperativas de artesanía de mulleres, libraría, cafetería…) á oficina do CAPISE, foi o lugar onde se preparou a participación nas brigadas. Un aval asinado por un colectivo, a entrevista persoal e formación de tres horas son requisitos necesarios para formar parte dunha brigada. No proceso, ademais do coñecemento do zapatismo e, concretamente, das cuestións relativas á terra (modalidades de división, procesos de legalización dos terreos, estratexias gobernamentais para o «despoxo legal»…), fíxose fincapé no comportamento dentro das comunidades, no caracol ou na relación coa Xunta de Bo Goberno. Aí é onde toma sentido o aval, pois o colectivo que avala responsabilízase de calquera repercusión das accións individuais.

Tres horas despois a BOTT número 30 partía para Palenque, unha das cidades cabeceiras do estado de Chiapas, ben coñecida do turismo internacional pola súa riqueza arqueolóxica. Nos arredores do mercado municipal, centro neurálxico da cidade, procuramos transporte cara ao caracol. A redila zapatista pasounos por diante entre o descontrolado ir e vir de camionetas. Non queda opción, subimos na do «inimigo» e namais chegar ao cruce de entrada e saída da cidade, a forza militar detén o carro priísta *. O discurso é unánime: «imos turistear». Parchean unha das nosas mochilas e permítennos seguir adiante.

Sobrecollid*s pola exuberancia da paisaxe, viaxamos por unha serra de vexetación tupida. Atopámonos coa primeira grande brecha aberta polo poder: as obras dunha estrada ecoturística de dobre carril que divide montañas, mesmo a vida do caracol e algunhas comunidades ao seu paso. Este tipo de proxectos, expresión máxima do capitalismo feroz, estraga brutalmente a selva virxe. Como en Galizia, déixase de traballar a terra ao xeito tradicional para pasar a traballar no camiño do «progreso» que a destrúe. O que nós empezamos a perder hai un tempo, o contacto coa terra, está sendo defendido aqui, hoxe, en Chiapas, con uñas e dentes. Estase a camiñar en contra do tempo occidental, en contra da aceleración vertixinosa do tempo do Capital que todo devasta. Sí, o tempo indíxena, un tempo que se ergue co sol e se deita coa lúa, é o seu claro antagonista.

Serxio Regos “O García” *

* Este traballo foi realizado coa colaboración de Sandra Garrido nun extracto da primeira e segunda cronicas e de Estíbaliz Táboas nun extracto da segunda crónica. Tódalas crónicas se fixeron desde e para o Colectivo Galego de Acción Global Fuga Em Rede.

Esta serie de crónicas foi publicada na Revista Das Letras do xornal diario Galicia Hoxe:

http://www.galiciahoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=55&idNoticia=631727

Ligazóns referentes a esta Crónica:

http://www.coloquiointernacionalandresaubry.org/aubry.html

http://www.coloquiointernacionalandresaubry.org/videos.html

http://enlacezapatista.ezln.org.mx/2007/12/17/parte-vii-y-ultima-sentir-el-rojo-el-calendario-y-la-geografia-de-la-guerra/

http://www.capise.org.mx/node/30

Glosario:

*1: Alcume do Subcomandante Marcos para os traballos da Outra Campaña.

*2: Comisión nomeada polo Comité Clandestino Revolucionario Indíxena-Comandancia Xeral do EZLN para os traballos da Sexta Declaración da Selva Lacandona en México.

*3: Centro de Análise Política e Investigacións Sociais e Económicas.

*4: Órganos de goberno orizontais, civís e autónomos en territorio rebelde zapatista. Son rexidas por medio de cargos rotativos.

*5: Proceso político a marxe dos partidos políticos ke acoden as elección mexicanas, xorde da Sexta Declaración da Selva Lacandona do EZLN e plantexa outro xeito de facer política dende abaixo e a eskerda. Propón un Plan Nacional de Loita e unha nova constitución entre outras cuestións.

*6: Lugares onde se sitúan as sedes de autogoberno (Xuntas de Bo Goberno) repartidas en 5 zonas do territorio autónomo zapatista. Son ademais centros de encontro cultural e político e de formación en saúde, educación etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaFebO García on 8

1ª Crónica Brigada de Fuga Em Rede a Chiapas-México 07-08

18 de Decembro do 2007.

Akí estamos, nas montañas do surleste mexicano.

Saímos de Compostela o día 12 deste decembro, «fugámonos» para seguir tecendo rede e por suposto para voltar… o traballo previo foi un tanto frenético. Claro está, as viaxes comezan antes de viaxar. Falemos da climatoloxía: frío facer facía esa mañá ke saímos de Compostela, pero non máis ke en Madrid. Alí divídese o grupo. De momento somos dúas persoas, unha para Coslada e a outra para Cuatro Caminos.

Coslada: Visita a ASPIMIP, un centro de persoas con «discapacidades» onde ademais de visitar a bos e boas amigas, vemos eses mundos diferentes ke o poder establecido pretende apartar só por iso, pola diferenza. A loita contra a exclusión social é un  ámbito ao ke se lle dá moita importancia tamén no C.S.A. A Casa Encantada (espazo ke compartimos a maior parte desta Brigada). E dende moitas frontes: xurídica, feminista, apoio a persoas presas, medios de comunicación libres… pero non nos desviemos do tema ke apenas comezamos.

Cuatro Caminos: Á saída da parada do metro alí estaba Míguel, compa do propio Madrid ke coñecemos noutra viaxe por México -en Roberto Barrios, no V Caracol, Chiapas-. Alí o coñecemos. Ken o diría, ímonos reatopar xusto antes de partir para o México insurxente de novo. Con el a visita foi a «..La Juli..» unha casa okupada ke os compas rehabilitan con moito esforzo para salvala do eskecemento e das mafias ke especulan. Así «..La Juli..» foi devolta á vida, moita xente coñecida de diversos colectivos dálle agora calor como vivenda.

Pois esa mesma noite reatopámonos e á mañá seguinte (o 13) definitivamente partimos alén mar. Finalmente, logo de 11 horas de viaxe, chegamos a Cancún e non pasamos nin unha soa hora alí. Sen perder tempo mercamos o boleto para a antiga capital de Chiapas, San Cristóbal de las Casas, cidade colonial na ke fai 14 anos (xunto con outras cabeceiras municipais) irromperon contra a soberbia miles de indíxenas: homes, mulleres e adolescentes ke chamaron a atención do mundo co xa famoso «XA BASTA!». Basta de 500 anos de explotación sufrida polos pobos orixinarios deste lado do mundo. Non eskezamos ke o movemento neozapatista inaugurou así unha loita anticapitalista ke foi definida por algúns como o principio do proceso antiglobalización. Como  moit+s de vós saberedes, o día ke o EZLN se ergueu  en armas foi xusto o día no  ke o  goberno mexicano  asinaba un tratado de libre comercio  co goberno de EEUU e Canadá, asinando así tamén a sentenza de morte de pobos orixinarios enteiros.

Dende ese momento chamou a atención e incluso reactivou moitos procesos de loita. Na Europa foi un revulsivo. Potenciou a solidariedade internacional e sobre todo foi moi esperanzador por abrir unha nova forma de entender a loita pola xustiza e pola liberdade, pola dignidade, lonxe de vellos modelos. Por exemplo: a súa posición respecto á «toma da silla do poder».

Por ke facer memoria? Porke o movemento zapatista séntese hoxe un tanto abandonado polos ke se supón ke somos os seus e as suas compañeiras. Akí estase a vivir unha guerra de exterminio declarada por parte dos gobernos federal, estatal e municipais, en moitos casos facéndose chamar “gobernos de eskerda” e todo este proceso represivo faise por medio de estratexias sucias das ke falaremos máis adiante.
Dende estas terras nós cremos ke lle debemos moito a esta loita e aos procesos ke abriu a nivel global. Agora estano pasando mal, ogallá as ke nos facemos chamar compas, coas nosas dignas loitas polo mundo adiante, pois reaccionemos e denunciemos o máximo posible a grave situación ke akí se esta vivindo. Ogallá o zapatismo non sexa unha moda pasada, ogallá o zapatismo non volte ser noticia por verse na obriga de usar as armas. Ogallá os consideremos compas e non un obxecto mitolóxico de librería.

Voltemos á narración da viaxe. De Cancún a San Cristóbal levounos como dazaoito horas de bus. Despois das once de avión foi moi esgotador. Paráronnos nun do moitos retenes militares do exército federal e rexistráronnos, metralleta en man… Seguimos camiño sen máis incidente.

E akí estamos, en San Cristóbal. Levamos dende o sábado asistíndo ó Coloquio Internacional In Memoriam Andrés Aubry e o certo é ke esta experiencia ke non tiñamos na axenda está sendo especialmente interesante para nós, pero eso xa o contaremos noutro momento…

Serxio Regos “O García” *

* Este traballo foi realizado coa colaboración de Sandra Garrido nun extracto da primeira e segunda cronicas e de Estíbaliz Táboas nun extracto da segunda crónica. Tódalas crónicas se fixeron desde e para o Colectivo Galego de Acción Global Fuga Em Rede.

Esta serie de crónicas foi publicada na Revista Das Letras do xornal diario Galicia Hoxe:

http://www.galiciahoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=55&idNoticia=631727

Ligazóns referentes a esta Crónica:

http://www.coloquiointernacionalandresaubry.org/images/invitacion_coloquio.jpg

http://www.coloquiointernacionalandresaubry.org/acervo.html

Chuzame! A Facebook A Twitter

posted by O GarcíaDecO García on 29

Un muslo por akí, unha cadeira por alí 

saliva percorrendo os poros da pel… 

caramba!fas voar a calkera 

levo o teu olor gravado na calavera 

Deslizámonos cara a fogueira ke nos keimaba 

e aos dous nos gustaba a paz salvaxe ke iluminaba 

escravo de ti 

escrava de min 

escravos do pracer 

Bebemos da suor e a música soaba 

e ao mencer en Marte estaba 

na terra non entendía ke pasaba 

O mel e doce e por momentos 

salgada coma o mar en forte marexada 

a lúa nos axitaba cal lobos da manada 

nada importaba, o instinto animal nos superaba 

e o mundo correcto dos humanos nos asustaba 

e agora espido na palabra 

cántoche 

muller leoa-deusa das deidades latinoafricanoasiaticas 

nos teus ollos de oceanía viviría 

nesta fría europa, a túa paixón 

todo o incendiaba. 

2009

O García.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp
Theme Design by Deeogee. Key West Kayaking Sedona Scenic Drives South Beach Galleries